Rodolfo Bodipo Díaz, nado en Dos Hermanas (Sevilla) o 25 de outubro de 1977, é un exfutbolista hispano-ecuatoguineano. Xogaba de dianteiro e foi internacional coa selección ecuatoguineana.
Traxectoria Xogou no Club Deportivo Isla Cristina ata que en decembro de 1998 e grazas aos problemas económicos do seu club, fichou polo Recreativo de Huelva. Debutou co seu novo club o 20 de decembro de 1998 nun partido contra o Atlético de Madrid B. Na tempada 1999-2000 foi o máximo goleador do club Decano de España, o Recreativo de Huelva con 6 goles.
En 2001 fichou polo Racing de Santander. Esa tempada consegue o ascenso á Primeira División con este equipo. Debutou en Primeira o 31 de agosto de 2002 con resultado de Racing 0 - 1 Valladolid. Na súa última tempada co Racing xogou 20 partidos como titular e marcou 7 goles.
En 2004 fichou polo Deportivo Alavés conseguindo o ascenso a Primeira División esa mesma tempada, disputou 38 partidos como titular e marcou 16 goles.
En 2006 fichou polo Deportivo da Coruña pero por mor dunha lesión non puido xogar a tempada completa. Desde entón xoga no club galego, co que xogou na Copa da UEFA, na que marcou un gol.
O 8 de xullo de 2010 o Deportivo pechou a cesión do xogador ao FC Vaslui romanés por unha tempada,Bodipo, cedido una temporada al F.C. Vaslui de Rumanía anunciándose o 29 de agosto unha nova cesión, esta vez ao Elche CF, tamén por unha campaña.Bodipo, con permiso del Deportivo para viajar a Elche
O 31 de xaneiro de 2013 rescindiu o seu contrato co Deportivo."Saúl y Bodipo rescinden sus contratos con el Deportivo"
Selección nacional Bodipo foi internacional coa Guinea Ecuatorial en cinco ocasións, nas que marcou tres goles. Isto foi ante Liberia en setembro de 2006 no Estadio Internacional de Malabo e ante a selección nixeriana no mesmo estadio nun partido amigable. El é o capitán da súa selección e trátase dun dos xogadores referencia de dito combinado, xunto con Javier Balboa.
Palmarés Deportivo Segunda División: 2011–12
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en bdfutbol.com Datos do xogador en national-football-teams.com
Categoría:Nados en 1977 Categoría:Nados en Dos Hermanas Categoría:Futbolistas de Guinea Ecuatorial Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do Recreativo de Huelva Categoría:Xogadores do Racing de Santander Categoría:Xogadores do Deportivo Alavés Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña Categoría:Xogadores do FC Vaslui Categoría:Xogadores do Elche CF Categoría:Xogadores do Xerez CD Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Guinea Ecuatorial Categoría:Españois de ascendencia ecuatoguineana Categoría:Ecuatoguineanos de ascendencia española