miniatura|250px|Áreas afectadas polo terremoto. O terremoto do eixo cafeteiro de 1999 foi un sismo que afectou enormemente os departamentos de Quindío e Risaralda, en Colombia. O terremoto ocorreu o día luns, 25 de xaneiro de 1999 ás 13:19 (18:19:17 UTC) cunha magnitude de 6.2 na escala de Richter. Foi o maior terremoto que golpeou Colombia en 16 anos.1999: Colombia quake leaves hundreds dead BBC News
Causas Esta área ten un alto risco sísmico debido á tripla unión que ocorre na esquina da placa suramericana, onde as placas de Naza e Placa do Caribe converxen entre elas.
Réplicas Foron detectadas 14 réplicas do terremoto, a primeira ás 17:40 de magnitude 5,4 na escala de ritcher (MS). Outras réplicas que causaron pánico entre os habitantes ocorreron o día 29 de xaneiro ás 23:33 hora local, de magnitude 4,2 (MS) e o día 31 de xaneiro ás 03:03 hora local, de magnitude 3,5 (MS).
Reconto de vítimas fatais Como o desastre destruíu as principais estruturas de control e axuda na cidade de Armenia (o cuartel da policía colapsou inmediatamente, tamén a estación de bombeiros, a oficina de medicina legal e a defensa civil) non houbo medios para un axeitado informe nin un bo reconto de vítimas.
O terremoto inicial produciu unha cifra estimada de mortes de preto de 1 000 persoas. A primeira réplica do terremoto (17:40) produciu un indeterminado número de vítimas entre as persoas que tentaban remover os seus bens das estruturas semidestruídas. Os subsecuentes vándalos, roubos ás vítimas feridas, ataques ás tendas e casas, e pelexas por comida, auga e aloxamento incrementaron o número total de mortes a preto de 1 185.
Feridos As estruturas de moitos hospitais foron afectadas, e os recursos dispoñibles para o coidado da saúde foron insuficientes mesmo antes do evento. Ademais, a área tiña plans de reacción en caso de emerxencia limitados e pouca experiencia con triaxe. Como consecuencia, a atención das vítimas foi caótica. Preto de 4 000 persoas con varios graos de lesións.
Impacto económico A principal actividade económica da rexión, a industria do café de Colombia, foi altamente afectada. Preto de 8 000 leiras cafeteras foron completa ou parcialmente destruídas, tamén 13 000 estruturas de moitos tipos de empresas e industrias foron afectadas e estiveron fóra de servizo de maneira temporal ou permanente. Os bancos e as entidades financeiras non puideron entregar diñeiro por varias semanas.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía ARANGO, J. D. e QUINTERO, B. E. Dianóstico del Sismo del 25 de enero de 1999. In: Boletín de la Red Sismológica del Eje Cafetero. Vol.8 Manizales: 2000 46 – 53 p. BAKER, V. R. Regional Landforms Analysis. NASA, Red mundial, 2001. CARDONA, O. D. Lessons in Seismic Engineering and Disaster Prevention. Special Report. The Earthquake of Armenia, Colombia, 25 de xaneiro de 1999. Geohazards International. Red mundial, 5000.
Categoría:Terremotos en Colombia Categoría:Terremotos de 1999