O Plan Estratéxico de Galicia é un documento plurianual que recolle os principais retos, obxectivos e medidas de cara á mellora do desenvolvemento económico e social do país. A súa elaboración ten un proceso participativo dos axentes sociais e de expertos, sendo finalmente aprobado pola Xunta de Galicia. Inclúe tamén un panel de indicadores de seguimento dos obxectivos aprobados. Plan Estratéxico de Galicia 2015-2020
Este Plan Estratéxico centrábase en impulsar o crecemento económico de Galicia partindo dun modelo baseado na innovación e o capital humano, que colabore a acadar unha Galicia moderna e cohesionada social e territorialmente e que permita diminuír o desemprego, aumentar a produtividade e a renda dos galegos e das galegas colaborando a retomar a senda do crecemento demográfico.
Rematado o seu período de vixencia a Xunta de Galicia presentou os correspondentes informes de seguimento dos indicadores e obxectivos. Os indicadores que contan con datos para o período completo 2015-2020 son os que se presentan resumidos na seguinte táboa. Plan estratéxico de Galicia 2015-2020Indicadores de seguimentoprevistoreallogro(%)Crecemento medio PIB2,51,040Converxencia PIBpc con España3,52,674Incremento de exportacións no PIB7,12,738Incremento miles ocupados121,076,263Taxa de emprego 20-64 anos7,18,3117Descenso da taxa de paro11,49,987Incremento I+D no PIB0,80,113Descenso da taxa de abandono escolar5,95,085Porcentaxe pob 30-34 con nivel terciario2,92,586Descenso taxa de risco de pobreza95,0117,5124Consumo final bruto en enerxías renovables45,037,784
Dos once indicadores só en dous deles o balanzo é lixeiramente positivo ao situarse por riba do cen por cen do obxectivo previsto (taxa de emprego e risco de pobreza). Na inmensa maioría dos indicadores non se acadou o obxectivo previsto polos propios planificadores.
Sendo especialmente negativa a avaliación do esforzo innovador e da mellora das exportacións, o crecemento do PIB e o crecemento do emprego.
Chama a atención que sobre o obxectivo final global de acadar o crecemento demográfico o informe de seguimento non concrete o obxectivo e a súa avaliación. Con datos do Instituto Nacional de Estadística para o período do Plan, se tomamos como base 100 a situación do ano 2015, o conxunto de España chega a 2020 cunha poboación maior (102) mentres que Galicia segue a perder poboación (99).
Plan Estratéxico de Galicia 2022-2030
Previo ao seu proceso de elaboración participativa foi aprobado o 10 de marzo de 2022 polo Consello da Xunta de Galicia. As metas que se fixan son a plena converxencia con España en termos de renda bruta dispoñible per cápita dos fogares, baixar a taxa de paro en catro puntos, reforzar a saúde e a calidade de vida, consolidar o sistema educativo entre os mellores de España, avanzar cara ao clima de neutralidade, aumentar o peso das enerxías renovables, potenciar o peso do sector industrial e mellorar a competitividade, favorecendo unha Galicia dixital e innovadora, seguindo a reducir a taxa de exclusión social e garantindo unha Galicia sen fendas de xénero. Notas
Categoría:Economía de Galicia