O Sukhoi Su-34 (ruso: Сухой Су-34; designación OTAN: Fullback) é un avión cazabombardeiro/ataque bimotor todo tempo supersónico de alcance medio de orixe soviético. Voou por vez primeira o 13 de abril de 1990, destinado á Forza Aérea Soviética, e entrou en servizo en 2014 coa Forza Aérea de Rusia.

Baseado no caza de superioridade aérea Sukhoi Su-27 Flanker, o Su-34 ten unha cabina blindada con dous asentos, un ao lado do outro. O Su-34 está deseñado principalmente para despregadura táctica contra obxectivos terrestres e navais (roles de bombardeo/ataque/interdición tácticos, incluídos contra obxectivos pequenos e móbiles) en misións en solitario ou en grupo tanto de día como de noite, baixo todo tipo de condicións meteorolóxicas e nunha contorna hostil con condicións de fogo inimigo e contramedidas de guerra electrónica despregadas, así como para misións de recoñecemento. O Su-34 substituirá finalmente ao caza de ataque táctico Su-24 e ao bombardeiro de longa distancia Tu-22M.

Variantes

Su-34 - modelo básico do avión. Su-32 - modelo de exportación ofrecido a Alxeria en 2012. Su-34M / Su-34 NVO - versión modernizada. O contrato ruso asinouse en 2021 e substituirá ao Su-34 básico na produción. Segundo informes, esta mellora afectará bastante á aviónica do avión. O radar, e os sistemas de visión e comunicacións van ser mellorados. Ampliarase tamén o alcance das bombas intelixentes e mísiles que o aparello pode levar. Tamén as capacidades de guerra electrónica vas ser ampliadas coa inclusión de novos soportes. Su-34ME - versión do Su-34M para Alxeria. A versión de exportación diferénciase do Su-34M ruso só nos sistemas de comunicacións e no sistema de identificación "amigo-inimigo".

Notas

Categoría:Aeronaves de Sukhoi Categoría:Aeronaves co primeiro voo en 1990