Frances Crofts Cornford (de solteira Frances Croft Darwin), nada o 30 de marzo de 1886 e finada o 19 de agosto de 1960, foi unha poeta inglesa; debido á semellanza do seu nome de pía, o do seu pai e o do seu marido, na súa familia era coñecida antes do seu matrimonio como "FCD" e despois do seu matrimonio como "FCC" e o seu marido Francis Cornford era coñecido como "FMC". O seu pai Sir Francis Darwin, fillo de Charles Darwin, outro "Francis", era coñecido pola súa familia como "Frank" ou como "tío Frank".
A vida Era filla do botánico Francis Darwin e da súa compañeira Ellen Wordsworth Crofts (1856-1903) do Newnham College, e naceu no seo da familia Darwin—Wedgwood. Era neta do naturalista británico Charles Darwin. O seu medio irmán máis vello era o escritor Bernard Darwin. Criouse en Cambridge, entre unha densa rede social de tías, tíos e curmáns, e foi educada en privado. Period Piece, a memoir by Frances Cornford's first cousin and close friend, Gwen Raverat, sheds much light on Cornford's childhood.
En 1909, Frances Darwin casou con Francis Cornford, un clasicista e poeta. Tiveron cinco fillos:
Helena Cornford (1913–1996); casou con Joseph L. Henderson Jeremy Pearce, "Joseph L. Henderson, 104; Expanded Jungian Methods", The New York Times. en 1934 John Cornford (1915-1936), poeta e comunista morto na Guerra Civil española. Christopher Cornford (1917–1993), artista e escritor Hugh Wordsworth Cornford (1921–1997), médico Flora Bridge · Barrie Alfred Ernest Chapman · Amiya Kumar Chatterjee · Hugh Wordsworth Cornford... - Europe PMC Article - Europe PubMed Central Ruth Clare (1924–1992); casou con Cecil Hall Chapman, fillo de Sydney Chapman en 1947.Marriages The Times, Friday, 11 April 1947; p. 1; Issue 50732; col A. Era a nai de Matthew Chapman
Está enterrada na parroquia do cemiterio da Ascensión en Cambridge,Mark Goldie, A Guide to Churchill College, Cambridge, pp. 62 and 63 (2009). onde está na mesma tumba que o seu pai Sir Francis Darwin. A súa nai Ellen Wordsworth Darwin, de solteira Crofts, está enterrada no cemiterio da igrexa de St. Andrews en Girton, Cambridgeshire.
O seu marido, Francis, foi incinerado no crematorio de Cambridge o 6 de xaneiro de 1943.
Obras Frances Cornford publicou varios libros de versos, incluíndo o seu debut (como "FCD"), The Holtbury Idyll (1908), Poems (1910), Spring Morning (1915), Autumn Midnight (1923) e Different Days (1928). Mountains and Molehills (1935) foi ilustrada con xilografías pola súa curmá Gwen Raverat.
Un dos poemas de Frances Cornford era un dos favoritos de Philip Larkin e Maeve Brennan. "All Souls' Night" trata a superstición de que un amante morto aparecerase a un compañeiro aínda fiel nesa data de novembro. Maeve, moitos anos despois da morte de Larkin, volvería ler o poema no Día dos Fieis Defuntos: My love came back to me Under the November tree Shelterless and dim. He put his hand upon my shoulder, He did not think me strange or older, Nor I him.
Cornford é posibelmente máis lembrada polo seu poema To a Fat Lady Seen from the Train ("A unha Señora Gorda Vista desde o Tren") en Poems de 1910.O why do you walk through the fields in gloves, Missing so much and so much? O fat white woman whom nobody loves, Why do you walk through the fields in gloves, When the grass is soft as the breast of doves And shivering-sweet to the touch? O why do you walk through the fields in gloves, Missing so much and so much?Ao que GK Chesterton respondeu en "The Fat Lady Answers" nos seus Collected Poems of 1927: Why do you rush through the field in trains, Guessing so much and so much. Why do you flash through the flowery meads, Fat-head poet that nobody reads; And why do you know such a frightful lot About people in gloves as such? ...
As primeiras liñas deste poema foron pronunciadas por un personaxe da novela de 1939 de Agatha Christie Murder is Easy.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Literatura en inglés
Ligazóns externas Enciclopedia Británica Bibliografía The Coast: Norfolk de Frances Cornford
Categoría:Finados en 1960 Categoría:Nados en 1886 Categoría:Escritores de Inglaterra Categoría:Poetas de Inglaterra