Angelo Moratti, nado en Somma Lombardo, Varese, o 5 de novembro de 1909 e finado en Viareggio, Lucca, o 12 de agosto de 1981, foi un empresario do petróleo e dirixente deportivo italiano. Foi propietario do Inter de Milán entre 1955 e 1968.

Biografía Fundou dende a década de 1930 varias empresas dedicadas aos sectores do petróleo, a minaría e a produción de enerxía eléctrica. En 1962 fundou Saras S.p.A., unha corporación multinacional enerxética dedicada ao refinamento de petróleo, comercialización, transporte e xeración de enerxía.

En 1955 converteuse no propietario e presidente do Inter de Milán, club de fútbol da Serie A. Baixo a súa presidencia, e con Helenio Herrera como adestrador, o Inter viviu unha época de éxitos, converténdose no mellor club do mundo e recibindo o alcume de Grande Inter. Conquistou tres ligas, dúas Copas de Europa e dúas Copas Intercontinentais. Foi o segundo presidente con máis títulos da historia do club, só por detrás do seu propio fillo, Massimo, que foi propietario do Inter entre 1995 e 2004 e entre 2006 e 2013.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Angelo Moratti en Treccani .

Categoría:Nados en 1909 Categoría:Nados na provincia de Varese Categoría:Finados en 1981 Categoría:Empresarios do sector enerxético Categoría:Presidentes de clubs de fútbol