José Ramón Romero García, Martiño, nado en Boiro o 16 de xullo de 1975, é un político e empresario galego do PSdeG-PSOE.

Traxectoria

Carreira profesional Xerente da empresa familiar Autoescolas Martiño. Foi presidente da Federación de Empresarios do Barbanza de 2012 a 2017. Así mesmo, foi membro da xunta directiva da Asociación Boirense de Empresarios, formou parte do consello social da Universidade da Coruña e foi secretario da Asociación de Autoescolas de Galicia.

Carreira política En novembro de 2018 foi proposto pola executiva local do PSdeG-PSOE de Boiro como candidato á alcaldía desta formación nas eleccións municipais de 2019. En ditos comicios o PSdeG logrou unha mellora substancial dos seus resultados, pasando de 2 a 5 concelleiros e conseguindo que o PPdeG perdese a maioría absoluta que ostentara os dous anteriores mandatos. Deste xeito, foi investido alcalde co apoio do BNG, a marea Boiro Novo e o exalcalde e exsocialista Manuel Velo Velo de ICBoiro. Gobernou en minoría ata outubro de 2021, cando chegou a un acordo de goberno coa edil de Boiro Novo e o concelleiro electo por Ciudadanos, que abandonou dita formación. Dende febreiro de 2022 forma parte da Executiva Provincial coruñesa do PSdeG como Secretario de Industria. Nas municipais de 2023 encabezou de novo a candidatura socialista e foi reelixido alcalde con maioría absoluta.

Vida persoal Está casado e ten dous fillos.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Boiro

Categoría:Alcaldes de Boiro Categoría:Alcaldes de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Boiro Categoría:Nados en 1975 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes