Carlos Ladra Brage, nado en Cabanas en 1986, é un político galego do PSdeG-PSOE.
Traxectoria Traballador de Guidoni Quartz, en Narón. Foi concelleiro en Cabanas polo PSdeG-PSOE tralas eleccións municipais de 2015, sendo o número 2 da candidatura e sendo o principal grupo da oposición ó PPdeG. Nas municipais de 2019 foi o candidato socialista á alcaldía e logrou ser elixido alcalde mediante un pacto co BNG e a concelleira da Agrupación de Electores de Cabanas. No ano 2023, despois dun pacto no cal integrou á concelleira de AEC nas súas listas, a súa candidatura non sumou votos, senón que perdeu 42. O Partido Popular, volveu gañar as eleccións en Cabanas, aumentando nun concelleiro a súa representación. Ó non haber un acordo que acade a maioría absoluta, o novo alcalde do concello é o candidato da forza máis votada (PP) polo tanto, Carlos Ladra perdeu a alcadía a mans de Fernando Couce.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Cabanas
Ligazóns externas Delfín Feal Pereira, candidato del PSOE El PSOE presenta candidato en Cabanas: Carlos Ladra Brage Cabanas pasa a manos del PSOE, que pacta con BNG y Agrupación de Electores
Categoría:Alcaldes de Cabanas Categoría:Alcaldes de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Cabanas Categoría:Nados en 1986 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes