Luís Rey Villaverde, nado en Oroso en 1965, é un político galego do PSdeG-PSOE.
Traxectoria Durante 14 anos foi responsable sindical da Federaicón Agroalimentaria e no 2005 creou a asociación Escola Deportiva Xuventude Oroso. Foi secretario xeral do PSdeG en Oroso, conseguindo baixo o seu mandato a volta de Manuel Mirás Franqueira ó partido no 2006, trala súa expulsión no 2002. É concelleiro en Oroso polo PSdeG-PSOE dende as eleccións municipais de 2011, ocupando diversas áreas como cultura, deportes, obras, urbanismo, servizos e medio ambiente no goberno de Manuel Mirás Franqueira. En maio de 2021, trala dimisión de Mirás Franqueira, foi elixido novo alcalde de Oroso continuando o goberno cunha concelleira do BNG que se mantiña tralas anteriores municipais. Nas municipais de 2023 perdeu a alcaldía en favor do candidato do PPdeG, Alexánder Doval, que logrou a maioría absoluta.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Oroso
Ligazóns externas Luís Rey será el próximo alcalde de Oroso en El Correo Gallego Oroso despide la era Mirás y va a elegir a Luis Rey como alcalde a finales de este mes en El Correo Gallego
Categoría:Alcaldes de Oroso Categoría:Alcaldes de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Oroso Categoría:Nados en 1965 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes