O Volvo RM12 é un motor turboventilador de baixo índice de derivación con potqueimador desenvolvido para o caza sueco Saab JAS 39 Gripen. O RM12 foi fabricado por Volvo Aero (agora GKN Aerospace Engine Systems) e trátase dunha versión do General Electric F404.
Deseño e desenvolvemento Producido por Volvo Aero (agora GKN Aerospace Engine Systems), o RM12 ´un derivado do General Electric F404-400. Entre os cambios con respecto ao F404 inclúense unha maior fiabilidade para operacións cun único motor (incluída unha maior tolerancia aos impactos con paxaros), maior pulo, e a adopción dun sistema de control de motor dixital de autoridade completa (FADEC)."Resonance problem hits Gripen Engine", Flight International, Londres, UK: Reed Business Information, 145 (4406): 15, 2-8 de febreiro de 1994, ISSN 0015-3710
O ventilador foi redeseñado completamente para que pasase un maior fluxo de aire para un maior pulo e para que fose máis tolerante ao impacto de paxaros. O requisito era unha perda mínima de pulo, durante unha proba acadouse o 6% tras inxerir un paxaro de medio quilo do tamaño dunha pomba en condicións de engalaxe. Isto logrouse con pas da primeira etapa máis grosas que se deforman (causando a perda de potencia) pero non rompen ou causan danos noutras partes do motor.
Tamén se redeseñaron varios subsistemas e compoñentes para reducir as demandas de mantemento. As entradas de aire do motor deseñáronse para minimizar a reflexión radar dende o ventilador do motor, reducindo a sección transversal de radar do avión en conxunto. A unidade de control do motor analóxica do F404 substituíuse polo Control Dixital de Motor, desenvolvido conxuntamente por Volvo e General Electric, que se comunica coa cabina de mando a través de buses de datos dixitais e, como redundancia, un respaldo hidromecánico. O respaldo hidromecánico permaneceu no novo FADEC que Volvo comezou a desenvolver en 1996. General Electric fabricaba o 50% do motor. Elementos como os discos do ventilador/compresor e a caixa, ou o posqueimador eran fabricados en Suecia, onde se realizaba tamén a montaxe final.
Aplicacións
Saab JAS 39 Gripen IAI Nammer (tal como foi deseñado, non construído)
Notas
Categoría:Turboventiladores