Lisa Jane Stansfield, nada en Manchester o 11 de abril de 1966, é unha cantante inglesa.
Traxectoria Antes de iniciar a súa carreira en solitario, foi a cantante do grupo The Blue Zone"Lisa Stansfield." Contemporary Musicians. Vol. 9. Farmington Hills, MI: Gale, 1993. Consultado a través da base de datos Biography in Context, 16 de abril de 2017. Tamén dispoñible en liña en Encyclopedia.com. con éxitos como "Jackie" ou "Big thing" e posteriormente colaborou no disco Coldcut co sinxelo "People Hold On" en 1988. Conseguiu a popularidade con Affection en 1989, disco de platino con máis de 5 000 000 de copias vendidas que incluía os seus éxitos "All Around the World" e "This Is the Right Time". Tanto este disco como o seguinte, Real Love, están influenciados polo son disco e motown dos anos 70 de Barry White (arranxos, ritmo e mesmo a técnica de Stansfield). Real Love incluíu o éxito "Change", que chegou a ser moi popular en emisoras de Europa e o Canadá.
En 1992 actuou no tributo a Freddie Mercury xunto con outros membros de Queen interpretando "I Want to Break Free" e "These Are The Days Of Our Lives", esta última xunto a George Michael.
En 1991 e 1992, gañou o premio Brit como mellor artista feminina británica e o ano seguinte editou exclusivamente en Europa o seu terceiro traballo So Natural con temas como "Little Bit of Heaven" ou "In All the Right Places"; este último foi incluído na banda sonora do filme Indecent Proposal. Tamén tivo grande éxito un sinxelo, "Someday (I'm Coming Back)" composto para o filme O escolta, con Kevin Costner e Whitney Houston. Lanzouse no Reino Unido o 7 de decembro de 1992 e noutros países de Europa a principios de 1993.
Tras un retiro, regresóou aos escenarios en 1997 cun LP titulado como o seu nome, Lisa Stansfield, co que obtivo de novo éxito con cancións como "The Real Thing", unha versión da canción de Barry White, "Never, Never Gonna Give You Up" e unha nova mestura do seu antigo éxito con Coldcut "People Hold On". Con este traballo acadou o número dous na listaxe de vendas inglesas.
En 1998 casou con Ian Devaney, guitarrista, teclista, produtor e antigo membro de Blue Zone. O anos seguinte participou como actriz e na banda sonora da comedia Swing. Xa en 2001 deu un cambio ao seu son e estilo, actualizando a súa música e editou Face up, con temas como "Let's Just Call It Love" ou "8-3-1", en que empregaba con sutileza efectos e sons máis electrónicos acompañados coa súa peculiar voz e os seus acompañamentos vocais de segundo plano. A pesar diso, só conseguiu colocarse no posto 38 da listaxe británica.
En 2003 a súa discográfica de sempre, BMG Ariola, editou Lisa Stansfield: Biography, the greatest hits, un CD coas súas mellores cancións e un segundo CD especial con noveas mesturas que conseguiu chegar ao números tres en Inglaterra. Ese mesmo ano rompeu a súa relación con BMG/Ariola, fichou por ZTT e sacou ao mercado o seu sexto álbum de estudio The Moment, en 2004. Destacaron temas como "Treat Me Like a Woman" e "If I Hadn't Got You", producidos por Trevor Horn, que foi coñecido polos seus traballos con Paul McCartney, Seal e Frankie Goes to Hollywood, entre outros. Esta vez apuostou por un estilo máis sinxelo, achegado a un son máis pop e acústico.
En 2005, obtivo o premio Women's World Award na categoría de arte.
Discografía Affection (1989) Real Love (1991) So Natural (1993) Lisa Stansfield (1997) Face Up (2001) The Moment (2004) Seven (2014) Deeper (2018)
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Biografía en Acid Jazz Hispano Lisa Stansfield-All Woman - Lisa's Home On The Web: Lisa Stansfield's Official Web Site Lisa Stansfield's Unofficial MySpace Page - includes audio track of "Somewhere My Baby's Waiting For Me" Lisa Stansfield's Discography at MusicCity.org Women's World Awards
Categoría:Nados en Manchester Categoría:Nados en 1966 Categoría:Cantantes de Inglaterra