Domingo Pérez de Barcia, nado en Pezós en 1649 e finado en México o 3  de novembro de 1713, foi un relixoso e escritor asturiano.

Traxectoria

Natural do lugar de Vilarmarzo era fillo de Domingo Pérez de Barcia, rexedor en Pezós e máis de Catalina Álvarez de Monteserín. Seus pais, da pequena fidalguía rural sen moitos recursos, envíarono con dez anos a Cádiz, e alí pasou seis anos. Con dezaseis anos marchou para América, e estivo baixo a protección dun tío seu, Alfonso Niño, familiar do bispo Diego Osorio de Escobar. Pérez de Barcia estudou gramática e filosofía en Puebla e foi Diego Osorio quen o ordenou con menores; con vinte e cinco anos graduouse en filosofía na Universidade de México, onde tamén estudou dereito.

Ordenado presbítero en 1680. O 25 de abril de 1683 foi un dos fundadores do colexio de San Miguel de Belén, situado na cidade de México.

Pertenceu á Congregación do Oratorio de San Filipe Neri (Congregatio Oratorii Sancti Philippi Nerii) e logrou algunha sona como prosista e poeta.

O sacerdote Julián Gutiérrez de Dávila, compañeiro de congregación, publicou en México unha Vida de Domingo Pérez de Barcia, na que salienta as súas virtudes piadosas e recolle unha escolma do su labor literario. Notas

Categoría:Nados en Pezós Categoría:Escritores de Asturias Categoría:Nados en 1649 Categoría:Finados en 1713 Categoría:Sacerdotes católicos de España Categoría:Sacerdotes católicos de México Categoría:Oratorianos Categoría:Relixiosos católicos de España