Luneburgo ou Lüneburg, tamén transcrito Lueneburg (en alemán: Lüneburg ) é unha cidade situada na Baixa Saxonia, Alemaña. É a capital do distrito homónimo (en alemán: Hansestadt Lüneburg [ˈhanzəʃtat ˈlyːnəbʊɐ̯k] ). A primeira mención que se ten dela data de 956.

En tempos de Johann Sebastian Bach foi un pequeno centro musical.

A escola de San Miguel, antigo mosteiro beneditino, albergou unha Academia de Cabaleiros mentres nas principais igrexas (San Miguel, San Nicolás e San Xoán) tocaban organistas do talle de Georg Böhm (1661-1773).

Xeografía Lüneburg atópase na conca baixa do río Ilmenau, 30 km antes de chegar á súa confluencia co río Elba. Ao sur da cidade esténdense os 7400 km² do uzal de Luneburgo, o cal se desenvolveu grazas á explotación forestal e as minas de sal. A constante extracción dos depósitos de sal existentes baixo a cidade tamén deu lugar ao afundimento de varias zonas, algunhas veces de forma gradual, outras de maneira espectacular. No extremo oeste de Luneburgo áchase a coñecida como Kalkberg, un pequeno outeiro e canteira de xeso, onde existiu un castelo que foi a orixe da cidade.

Historia miniatura|Rúa da cidade monumental de Luneburgo.

Durante a Idade Media, Lüneburg gozou de gran riqueza grazas ao comercio do sal. Por todos os arredores existían moitas fábricas que o exportaban ás vilas circundantes. Seguindo a Vella Ruta do Sal era transportada vía Lauenburg até Lübeck, onde se embarcaba para ser distribuída por toda a costa do mar Báltico. Lüneburg e o seu sal foron unha das principais fontes de poder e riqueza da liga Hanseática, étapa á que se adicou o Museo do Sal de Alemaña na cidade.

Lüneburg foi erixida en ducado en 1235, posteriormente anexionada a Hannover en 1692.

Durante a ocupación napoleónica, e de 1807 a 1810, a cidade foi anexionada ao reino de Westfalia, antes de ser incorporada a Francia até 1814, data do retorno ao reino de Hannover tras o afundimento do Primeiro Imperio.

Após un longo período de prosperidade, a súa importancia empezou a declinar lentamente a partir de 1600. As salinas pecháronse en 1980. A cidade volveu recuperar unha nova notoriedade grazas á fundación da súa universidade en 1989.

A paisaxe única das Landas de Luneburgo (Lüneburger Heide, termo que non ten relación coa palabra alemá Land, Länder en plural) débese ao escalonamento das areas producido polo retroceso do glaciar após o último período glacial. A deforestación da rexión circundante por mor da produción do sal, completou a acción natural, que terminou empobrecendo a paisaxe natural.

Séculos XX e XXI Na segunda guerra mundial, destruíuse o 2,4% da cidade. O 4 de maio de 1945 asinouse a Convención de Lüneburg, por medio da cal as tropas alemás estacionadas en Westfalia, Dinamarca e os Países Baixos quedaban ás ordes do mariscal de campo Montgomery, o que preludiaba a capitulación do 8 de maio de 1945. O 23 de maio de 1945, o criminal de guerra nazi Heinrich Himmler, suicidouse en Lüneburg, despois de ser capturado polo exército británico, inxerindo unha cápsula de cianuro antes de que o seu interrogatorio comezase. O seu corpo está enterrado nun bosque próximo nun lugar sen marcar.

En tempos recentes, Luneburgo ten ampla actividade turística e hostaleira, coa maior de bares por habitante de Alemaña.

A cidade ten unha grande fama e é o escenario, de forma legal, de street Art (muralismo) e grafittis, ás veces promovidos pola universidade.

O distrito máis poboado (8000 habitantes) é Kaltenmoor, que se caracteriza por unha alta porcentaxe de inmigrantes.

Infraestruturas

Hospitais: 2 (Stätisches Krankenhaus Lüneburg e Lüneburg Landeskrankenhaus) Teatros: Theater Lüneburg Cines: 2 Cinestar, Scala Kino Hoteis: 8 Museos: 8 Transporte: Lüneburg forma parte da compañía de transporte Hamburger Verkehrsverbund. Hai 11 liñas de autobuses na zona urbana. Ten unha estación de tren principal e unha máis pequena situada en Bardowick. Desde Lueneburg hai moi fácil acceso en tren a Hamburgo, Hannover, Lubeca, Lauenburg, Uelzen e Winsen.

Barrios miniatura|Vista parcial da cidade. A cidade divídese nos seguintes barrios: Altstadt Bockelsberg Ebensberg Goseburg-Zeltberg Häcklingen Kaltenmoor Kreideberg Lüne-Moorfeld Mittelfeld Neu Hagen Ochtmissen Oedeme Rettmer Rotes Feld Schützenplatz Weststadt en Wilschenbruch Jüttkenmoor Klosterkamp Bülows Kamp In dean Kämpen Krähornsberg Schäferfeld Volgershall Zeltberg

Ensino A cidade é sede da Universidade Leuphana de Lüneburg (anteriormente coñecida como a Universität Lüneburg). Hai 14 escolas secundarias na cidade: 5 Gymnasien, 4 Realschulen e 5 Hauptschulen. Conta con 6 escolas de Formación Profesional, 3 escolas especiais, 3 escolas privadas e 12 escolas primarias.

Cidade monumental miniatura|Maqueta da cidade monumental na Praza do Mercado (Marktplatz Lüneburg Niedersachsen) miniatura|Órgano da igrexa de San Xoán. Lüneburg é unha das poucas cidades do norte de Alemaña cuxo centro histórico quedou indemne despois da Segunda guerra mundial, polo que o seu centro histórico non sufriu a destrución que si ocorreu noutras cidades. Con todo, o abandono dos edificios até a década de 1960 levou a desaparición dalgúns predios notables. Ademais durante as décadas de 1950 e 1960 algúns dos edificios semi-ruinosos foron demolidos para construír neles almacéns, seguindo a arquitectura industrial da época, como consecuencia desas demolicións e construcións posteriores, tamén se produciu a desaparición dalgunhas rúas de Lüneburg.

Desde comezos dos anos 1970 a cidade está a ser coidadosamente restaurada. Iso levou a descubrimentos de antigas pinturas até ocultas en teitos, cerámicas medievais e tabernas históricas, pozos etc., o que supuxo unha axuda notable no coñecemento da vida nesa zona durante a Idade Media.

Dentro do conxunto monumental sobresaen as igrexas de San Esteban, San Xoán, San Miguel e San Nicolás. Todas elas construídas durante os séculos XIV e XV en fábrica de ladrillo, como é habitual no norte do país. Son igrexas na súa maioría de culto luterano, pero a igrexa de San Esteban é a máis antiga con culto ecuménico —funciona como igrexa tanto para protestantes como para católicos—.

Tamén interesantes son o antigo arsenal, a farmacia de 1598, a Bäckerstrasse e o concello cos seus característicos soportais. Fronte a este sitúase unha estatua de bronce da deusa da Lúa con arco e frecha. O orixinal que data de 1530 foi roubado nos anos 70 e agora pode observarse unha réplica feita en 1972.

É moi notable, até o grao de haberse convertido no ex libris da cidade, a zona do antigo porto no río Ilmenau, cun guindastre medieval que segue en funcionamento.

Moi próximo á cidade atópase o mosteiro de Lünen, un antigo mosteiro beneditino, que data de 1172.

Deportes O fútbol é o deporte máis popular en Luneburgo, do mesmo xeito que o é en toda Alemaña; o hockey sobre xeo e baloncesto tamén son moi populares.

Clubs Fútbol: FC Hansa Lüneburg (ex Lüneburger SK), MTV Lüneburg e Eintracht Lüneburg Baloncesto: MTV Treubund Lüneburg Hockey sobre xeo: Adendorfer CE Balonmán: HSG Lüneburg Voleibol: SVG Lüneburg Béisbol: Woodlarks Lüneburg Fútbol Americano: Lüneburg Jayhawks

Galería

Cidades irmandadas Scunthorpe (desde 1960) Naruto (Tokushima) (desde 1974) Clamart (desde 1975) Iisalmi (desde 1978) Ivrea (desde 1988) Viborg (desde 1992) Tartu (desde 1993)

Notas Categoría:Cidades de Alemaña Categoría:Wikipedia:Páxinas con traducións non revisadas

Véxase tamén

Outros artigos

Liga Hanseática