miniatura|300px|Manifestación a prol do aborto en Colombia, 2009. O aborto inducido ou interrupción voluntaria do embarazo en Colombia é libre e legal a petición da muller até as 24 semanas de xestación, por sentenza C-055-22 da Corte Constitucional do 21 de febreiro de 2022,Sentencia C-055-22 - 21 de febreiro de 2022 - Corte declra exequible la tipificación del delito de aborto consentido antes de 24 semanas de gestación. M.S. Antonio José Lizarazo Ocampo y Alberto Rojas Ríos, Expediente: D-13.956Colombia: Despenalización del aborto es un triunfo para los derechos humanos, Amnistía Internacional, 21 de febreiro de 2022Aborto en Colombia: Corte Constitucional despenaliza el aborto hasta la semana 24, El Espectador, 21 de febreiro de 2022 e dese prazo en diante só se permite no tres casos que foron legalizadas dende a sentenza C-355 de 2006 ditada pola Corte Constitucional de Colombia.SENTENCIA C-355/06, Referencia: expedientes D- 6122, 6123 y 6124 Demandas de inconstitucionalidad contra los Arts. 122, 123 (parcial), 124, modificados por el Art. 14 de la Ley 890 de 2004, y 32, numeral 7, de la ley 599 de 2000 Código Penal. En Alcaldía de BogotáLa situación del aborto en Colombia dentro del contexto latinoamericano, Ana Cristina González, Cad. Saúde Pública, Rio de Janeiro, 21(2):624-628, mar-abr, 2005Colombia – El aborto y los juzgados, Santiago Pardo Rodríguez - El Tiempo, 1/12/2012

O aborto inducido ou interrupción voluntaria do embarazo está legalizado en numerosos países do mundo e pode practicarse durante un tempo determinado da xestación, mentres que noutros ten unhas causas limitadas e noutros países a interrupción voluntaria do embarazo por decisión da muller é ilegal e está penado.

Despenalización do aborto libre até a semana 24 - 2022

Despenalización do aborto até as 24 semanas de xestación Por sentenza da Corte Constitucional C-055 do 21 de febreiro de 2022 deuse en Colombia un cambio, o cal permite que se poida abortar libre e legalmente até a semana 24 de xestación (cinco meses e medio de embarazo), e seguindo cos 3 casos actuais durante o tempo que reste até o termo do embarazo poderase acceder á Interrupción Voluntaria do Embarazo (IVE).Tres razones para despenalizar el aborto en Colombia, Human Rights Watch HRW, 2 de decembro de 2020Aborto libre y seguro ¡La decisión es tuya!, www.profamilia.org.co, consultado o 24 de febreiro de 2022

Despenalización parcial do aborto en tres supostos - 2006 O aborto en Colombia foi despenalizado en 2006, en só tres causas ou supostos, mediante unha demanda de inconstitucionalidade interposta pola doutora e avogada Mónica Roa ante a Corte Constitucional. Varios grupos feministas e mulleres activistas por dereitos sexuais e reprodutivos como María Ladi Londoño e a francesa Florence Thomas, entre outras, loitaron para poder despenalizar o aborto en Colombia como un caso de xustiza social. Estas loitas déronse perante o Congreso da República co obxecto de promover leis favorables á liberdade de elección das mulleres ante un embarazo non desexado ou un embarazo adolescente. Foi decisiva a chegada da avogada Mónica Roa cun proxecto de alto litixio para a despenalización do aborto en Colombia apoiado pola organización internacional Women's Link Worldwide. Finalmente por medio da Corte Constitucional de Colombia e con grande apoio de varios grupos de mulleres e organizacións non gobernamentais fíxose publica a carta de inconstitucionalidade na que se mencionaba que a penalización total do aborto en Colombia é inxusto e polo tanto as taxas de abortos inseguros e abortos clandestinos eran moi altos e ocasionaban a morte a moitas mulleres ou quedaban con importantes secuelas para toda a vida por procedementos inseguros ao abortar, causando así unha crise de saúde pública nacional. Finalmente, en 2006, a corte promulgou a Sentenza da Corte Constitucional Colombiana C-355 de 10 de maio de 2006, a raíz do caso de Martha Sulay González,Inter-Press Services article on the Gonzalez caseDocumentary on the Gonzalez case from The Current (radio program) permítese abortar legalmente en tres situacións específicas:Abortion in ColombiaAborto legal en Colombia, ¿qué casos cubre la sentencia C355 de 2006?Marco normativo para la gestión integral de la Salud Sexual y Reproductiva 2007

Suposto 1 - Cando existe perigo para a saúde física ou mental da muller Cando a continuación do embarazo constitúa perigo para a vida da muller, ou afecte a súa saúde física ou mental, o único requisito legal que se lle pode pedir a esta muller é o certificado dun médico ou psicólogo, outro requisito extra que algunha entidade prestadora de saúde solicite é ilegal. A Corte Constitucional Colombiana utiliza o referente de saúde da Organización Mundial da Saúde, que menciona que a saúde é un estado de completo benestar entre o físico, o mental, o psicolóxico e o social.

Suposto 2 - Cando exista grave malformación do feto que faga inviable a súa vida extrauterina As enfermidades ou malformacións do feto que fagan inviable a súa vida fóra do útero é outra causa para acceder ao aborto legal en Colombia. É importante aclarar que non calquera malformación no feto é unha causal legal de aborto senón soamente aquelas que impidan a vida fóra do útero.

Suposto 3 - En caso de acceso carnal violento, transferencia de óvulo fecundado ou inseminación artificial non consentida Considerouse que a concepción como causa da violación é susceptible de provocar graves prexuízos psicolóxicos para a muller, polo que o ordenamento xurídico colombiano contempla este caso como un dos supostos casos nos que se lexitima á embarazada para interromper a xestación. A sentenza C355/06 da corte constitucional colombiana despenalizou o aborto cando o embarazo é resultado dunha conduta constitutiva de acceso carnal violento, abusivo, debidamente denunciado, ou de inseminación artificial ou transferencia de óvulo fecundado non consentidas, ou de incesto.

Penas por aborto en casos non despenalizados As penas en Colombia pola práctica do aborto, nos casos non despenalizados pola Corte Constitucional (até a 24 semana e nos tres casos) e segundo o artigo 122 do Código Penal colombiano é: "A muller que causar o seu aborto ou permitir que outro llo cause, incorrerá en prisión de dezaseis (16) a cincuenta e catro (54) meses. Á mesma sanción estará suxeito quen, co consentimento da muller, realice a conduta prevista no inciso anterior."Código Penal de Colombia, artículo 122

Número de abortos, mortalidade materna e embarazo adolescente O aborto clandestino é a cuarta causa de mortalidade materna o Colombia e considérase unha das prioridades para a mellora da saúde reprodutiva.

En mulleres adolescentes entre 15 e 19 anos en 2019 houbo 115.176 nacementos fronte aos 106.957 de 2020, é dicir, unha redución de 8.219 partos.[ https://www.minsalud.gov.co/Paginas/Colombia-redujo-la-tasa-de-embarazo-adolescente--.aspx Colombia redujo la tasa de embarazo adolescente], www.minsalud.gov.co No ano 2020, segundo AI, unhas 4.268 nenas -entre 10 e 14 anos- quedaron embarazadas e foron nais en Colombia, aínda que as relacións sexuais con nenas desa idade son consideradas violacións.AI y HRW valoran despenalización de aborto en Colombia como triunfo para DD.HH., eldiario.es, España, 22 de febreiro de 2022

En 2022, e segundo estimacións de Amnistía internacional (AI) en Colombia calcúlase que se realizan 400.000 abortos, dos cales o 90% -uns 360.000 son abortos clandestinos ou abortos inseguros e realízanse sen medidas sanitarias suficientes- e soamente o 10% son levados a cabo en institucións sanitarias.

Movemento en contra e a prol do aborto Os movementos contrarios á interrupción voluntaria do embarazo, consideran, por motivos relixiosos, éticos e morais, que non debe realizarse e defenden a vida do embrión, razón pola que son autodenominados grupos provida. Estes grupos promoven a prohibición total ou parcial do aborto e o seu castigo penal.Carlos Mario Molina Betancur, El derecho al aborto en Colombia: I parte el concepto jurídico de vida humana, 2006, Por qué en Colombia buscan prohibir el aborto "en cualquier circunstancia", Arturo Wallace, BBC Mundo, Bogotá, mércores, 3 de agosto de 2011

Os movementos polo dereito ao aborto libre están a prol da 'liberdade de elección' ante un embarazo non desexado polo que son coñecidos como proelección. Estes grupos, de ideoloxía liberal,El aborto a debate. Análisis de los argumentos de liberales y conservadores, Rosario Taracena, Desacatos: Revista de Ciencias Sociales, ISSN-e 2448-5144, ISSN 1607-050X, Nº. 17, 2005 (exemplar dedicado a: Aborto: el debate pendiente), páxs. 15-32Liberalismo y aborto, Fundación Von Humboldt feministas El feminismo mexicano y la lucha por legalizar el aborto, Marta Lamas, Política y cultura, ISSN-e 0188-7742, Nº. 1, 1992 (exemplar dedicado a: Mujeres y Política), páxs. 9-22 e da esquerda política, reivindican a interrupción voluntaria do embarazo en condicións de liberdade, legalidade e seguridade sanitaria para a muller embarazada e argumentan que é un dereito da muller recollido nos dereitos reprodutivos, a autonomía reprodutiva e a liberdade individual.Afirmar la autonomía reproductiva en la disidencia religiosa, Laura Fuentes Belgrave, Íconos: Revista de Ciencias Sociales, ISSN-e 1390-1249, Nº. 45, 2013, páxs. 59-74 Autonomía y salud reproductiva, López de la Vieja de la Torre, Ma Teresa, Dilemata, ISSN-e 1989-7022, Nº. 17, 2015 (exemplar dedicado a: Derechos reproductivos y aborto), páxs. 51-64.Autonomía reproductiva de las mujeres y derecho penal. Una interpretación feminista de las recientes reformas penales en España, Juana María González Moreno, Investigación y género. Inseparables en el presente y en el futuro: IV Congreso Universitario Nacional "Investigación y Género". Sevilla, 21 e 22 de xuño de 2012 / coord. por Isabel Vázquez Bermúdez, 2012, ISBN 978-84-954-9987-5, páxs. 751-768.Véase El debate sobre el aborto en Colombia. Diez razones que lograron su despenalización, en 'mujeresenred.net'

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Sentencia C-055-22 - 21 de febrero de 2022 - Corte declra exequible la tipificación del delito de aborto consentido antes de 24 semanas de gestación. M.S. Antonio José Lizarazo Ocampo y Alberto Rojas Ríos, Expediente: D-13.956 El derecho al aborto en Colombia, Carlos Mario Molina Betancur, 2006, Universidad de Medellín, ISBN 958-97944-8-8 Sentencia C-355/06 de la Corte Constitucional de Colombia Sentencia C355 - Resistir y emancipar, Andrée Viana Garces, Foro Constitucional Iberoamericano, Año 2005-2006. nº 12 Casos de litigio estratégico bajo la nueva ley del aborto en Colombia, Catherine Romero, Sotruz, vol. 2, 2008, 129-136 El debate sobre el aborto en Colombia. Diez razones que lograron su despenalización

Categoría:Aborto en Colombia