Regina Maria Póvoa Pessoa Martins, nada en Coímbra o 16 de decembro de 1969, é unha animadora portuguesa.
Traxectoria Regina Pessoa naceu en Coímbra, pero viviu nunha aldea preto da cidade até os dezasete anos. Sen televisión, pasaba o tempo a ler, escoitando aos maiores contaren historias e tamén pintando as portas e as paredes da casa da súa avoa con carbón, animada polo seu tío.
Licenciouse en pintura pola Universidade do Porto en 1998 e na súa etapa de estudante participou en diferentes obradoiros de animación, tendo participado en Espace Projets (Annecy, Francia, 1995) coa curta A Noite, que remataría en 1999.
En 1992 comeza a traballar en O Filmógrafo - Estúdio de Cinema de Animación do Porto, cofundado por Abi Feijó, onde colaborou como animadora en varios filmes.
A súa curta Tragic Story with Happy Ending (en portugués História Trágica com Final Feliz, en francés Histoire tragique avec fin heureuse) é a película portuguesa máis premiada da historia.
A súa curtametraxe de animación, Kali, the Little Vampire, Kali, o pequeno vampiro en portugués, foi galardoada co premio Hiroshima no Festival internacional de Animación de Hiroshima en 2012, o premio ao mellor filme de animación no Chicago International Childrens's Film Festival en 2013, o The Golden Gate Award á mellor curta de animación, o premio no International Film Festival de San Francisco e o nomeamento ao Cartoon d'Or 2013, entre outros recoñecementos. En 2017 a Universidade de Valencia expuxo a mostra retrospectiva sobre medio século de animación portuguesa, Trazos de luz, centrada en Abi Feijó e Regina Pessoa. En 2019 a curta Tio Thomas: A contabilidade dos días recibiu o premio á mellor curta de animación no Chicago International Children's Film Festival, entre outros galardóns.
Filmografía
Ciclo Vicioso, 23 seg., Betacam (campaña contra o tabaquismo para GlaxoWellcome) - codirixida con Abi Feijó e Pedro Serrazina (1996) Estrelas de Natal, 40sec., Betacam (para RTP) - co-dirixido con Abi Feijó (1998) A Noite, 6min 35seg., 35mm (1999) Odisseia nas Imagens, 25sec., 35mm (Festival Intro) (2001) Historia tráxica con final feliz, 7 min 46 seg. (2005) Kali, o pequeno vampiro, 9 min 30 seg. (2012) Tio Thomas: A contabilidade dos días (2019)
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ciclope Filmes Películas de Regina Pessoa no National Film Board de Canadá Kali, o pequeno vampiro no YouTube Entrevista no Público HIGHLIGHTS of FMX 1994-2020 with Regina Pessoa no YouTube TIO THOMÁS (2019) – tráiler no YouTube
Categoría:Personalidades da animación Categoría:Nados en 1969 Categoría:Nados en Coímbra Categoría:Alumnos da Universidade do Porto