Dogfeiling ou Dogfelion foi un pequeno reino ou subreino a comezos da Idade Media, máis tarde foi un dos commotes que formaron o cantref do Val de Clwyd, e máis tarde un commote no nordeste de Gales. O seu centro era Ruthin. Gran parte do seu territorio pertencía á diocese de Bangor.

Formou parte da fronteira oriental do Reino de Gwynedd no Gales altomedieval. Tomou o seu nome de Dogfael, un dos fillos do primeiro rei de Gwynedd, Cunedda. Tanto o nome Dogfael como Dogfeiling fan referencia a Dagda, un dos Tuatha Dé Danann, seres sobrenaturais que habitaban Irlanda antes da chegada dos milesianos.

Dogfeiling existiu desde 445 até algún momento ao redor do ano 700, cando foi reabsorbido por Gwynedd.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Gales Britannia Gran Bretaña Reino Unido

Categoría:Antigos reinos das Illas Británicas