Michel Ange-Charles Tognini, nado en Vincennes, Francia o 30 de setembro de 1949, é un astronauta francés que formou parte das misións Soiuz TM-14, Soiuz TM-15 e STS-93.

Traxectoria Tognini graduouse en matemáticas pola EPA Grenoble, unha escola militar, en 1970. Gradouse como enxeñeiro en 1973 na Ecole de l’air en Salon de Provence e cursou na Escola Imperial para Pilotos de Probas en Boscombe Down (Reino Unido) en 1982. Cursou tamén no IHEDN entre 1993 e 1994. Foi seleccionado como astronauta polo CNES en setembro de 1985, participando nas misións Soiuz TM-14, Soiuz TM-15 e STS-93 e pasando un total de 18,74 días no espazo.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Soiuz TM-14 Soiuz TM-15 STS-93

Categoría:Astronautas de Francia Categoría:Nados en 1949 Categoría:Nados en Vincennes, Francia