Ramón Martínez Pérez, máis coñecido como Ramoní, nado en Melilla o 6 de febreiro de 1929 e finado o 6 de xaneiro de 2017, foi un futbolista e adestrador español que xogaba como centrocampista.
Traxectoria
Como futbolista Debutou na Segunda División nas filas do Atlético Tetuán, na tempada 1949/50, e esa mesma tempada fichou polo Sevilla. Militou durante oito tempadas e media no club andaluz, sumando 174 partidos oficiais e 20 goles. Foi subcampión de liga en dúas ocasións, nas tempadas 1950/51, con Campanal I no banco, e na 1956/57, adestrado por Helenio Herrera.
En 1958 foi traspasado xunto a Arsenio Iglesias ao Granada CF de Scopelli, nunha operación pola que Gilberto Navarro pasou a ser xogador do Sevilla, e na que entrou tamén Loren, cedido ao Granada. Disputou 29 partidos en dúas tempadas co Granada e foi titular na única final de Copa da historia do club, en 1959, contra o FC Barcelona.
Por último xogou dous anos no CD Málaga, co que logrou o ascenso a Primeira en 1962, poñendo fin á súa carreira.
Selección española Foi internacional coa selección española en dúas ocasións, en 1952, disputando dous amigables contra a Arxentina e Alemaña Federal. Ao ano seguinte xogou un partido coa selección española B, marcando dous goles contra Alemaña Federal.
Como adestrador Despois de colgar as botas foi adestrador e dirixiu a varios equipos, principalmente de Melilla e Estremadura.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en BDFutbol . Datos do adestrador en BDFutbol .
Categoría:Nados en 1929 Categoría:Nados en Melilla Categoría:Finados en 2017 Categoría:Futbolistas de España Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do Atlético Tetuán Categoría:Xogadores do Sevilla FC Categoría:Xogadores do Granada CF Categoría:Xogadores do CD Málaga Categoría:Xogadores da selección de fútbol de España Categoría:Adestradores de fútbol de España Categoría:Adestradores da AD Ceuta Categoría:Adestradores do Xerez CD