A pega mourisca (Pica mauritanica) é unha especie de ave paseriforme da familia dos córvidos, unha das sete comprendidas no xénero Pica.
Taxonomía Descrición A especie foi descrita en 1845 polo maxistrado e naturalista afeccionado francés Alfred Malherbe.Pica mauritanica Malherbe, 1845 no BioLib. Consultado o 13 de febreiro de 2022.
Sinónimos Ademais de polo nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos: Pica pica mauritanica Malherbe, 1845 Pica pica mauretanica Malherbe, 1845
Etimoloxía Para a do xénero, ver Pica.
O epíteto específico, mauritanica, é o nominativo feminino singular do adxectivo latino mauritanicus, -a, -um, "de Mauritania", en alusión á súa área de distribución, nas provincias do Imperio romano Mauritania Tingitana e Mauritania Cesariense, no actual Magreb.
Características Pódese distinguir da pega común (Pica pica, da que en tempos foi considerada unha subespecie), por ter unha pequena carúncula azul, lisa, tras o ollo, a zona branca do ventre máis curta, as ás máis curtas e a cola máis longa.
Distribución A pega mourisca é unha especie endémica do noroeste de África, estendéndose, nunha distribución descontinua, desde o Sáhara Occidental até Tunisia, encontrándose tamén en Marrocos, Alxeria e nos enclaves españois do norte de África. (Ver mapa).
Filoxenia Un estudo de filoxenético publicado en 2017 descubriu que Pica mauritanica diverxeu a partir dun antepasado común co clado que contén a todos os demais membros do xénero Pica.
Estado de conservación A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UICN), tendo en conta que esta especie ten unha área de distribución grande e, polo tanto, non se aproxima aos limiares de Vulnerábel baixo o criterio do tamaño da área de distribución, a extensión e calidade do hábitat e o tamaño da poboación, a que a tendencia de poboación parece ser estable e, polo tanto, a especie non se aproxima aos limiares de Vulnerábel baixo o criterio de tendencia poboacionale aínda que o tamaño da poboación non se cuantificou debe ser grande e, polo tanto, non se aproxima aos limiares de Vulnerábel, cualifica o staus da especie como LC (Pouco preocupante).BirdLife International (2017): Pica pica na Lista vermella da UICN. Versión 2021-3. Consultada o 12 de febreiro de 2022.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Cramp, S. & Simmons, K. E. L., eds. (1977-1994): Handbook of the birds of Europe, the Middle East and Africa. The birds of the western Palearctic. Oxford: Oxford University Press. ISBN 978-0-1985-7358-6. del Hoyo, J.; Collar, N. J.; Christie, D. A.; Elliott, A., Fishpool, L. D. C.; Boesman, P. & Kirwan, G. M. (2016): HBW and BirdLife International Illustrated Checklist of the Birds of the World. Volume 2: Passerines. Barcelona / Cambridge, UK: Lynx Edicions / BirdLife International. ISBN 978-84-9655-398-9.
Outros artigos Córvidos Pica
Ligazóns externas Pica mauritanica en xeno-canto.org.
Categoría:Córvidos Categoría:Aves de África do Norte Categoría:Animais descritos en 1845