Tianhui é unha serie de satélites de observación terrestre da República Popular da China.

Características Os satélites Tianhui son satélites de observación da Terra operados polo Exército Popular de Liberación. Están destinados á busca e xestión de recursos naturais.

Tianhui-1 1, 2, 3 e 4 Os catro satélies Tianhui de primeira xeración foron lanzados entre 2010 e 2021 a bordo de foguetes CZ-2D. Teñen capacidade estereográfica e foron construídos pola corporación Hangtian Dongfanghong Weixing e pola Academia China de Tecnoloxía Espacial (CAST). Orbitan a 500 km de altura en órbitas heliosincrónicas e usan paneis solares para xerar a súa enerxía. A bordo levan unha cámara catrográfica cunha resolución de 5 m e unha cámara multiespectral cunha resolución de 10 m.

Tianhui-2 1A, 1B, 2A e 2B Os Tianhui-2 usan como método de observación un radar de apertura sintética na banda das microondas (banda X). Os catro Tianhui-2 foron satélites por pares, o primeiro en 2019 e o segundo en 2021, usando foguetes CZ-4B. Cada para traballa conxuntamente, voando en formación en órbitas de 500 km de altura. A resolución do sistema é de 3 m.

Tianhui-4 O Tianhui 4 foi lanzado o 29 de decembro de 2021 mediante un foguete CZ-2D. Os detalles técnicos deste satélite son descoñecidos.

Tianhui 5A, 5B, 5C e 5D Os Tianhui 5A e 5B foron lanzados o 31 de outubro de 2023, mentres que os 5C e 5D o foron o 4 de xullo de 204, todos mediante foguetes CZ-6A. Os detalles técnicos destes satélites tamén son descoñecidos.

Tianhui-6A e 6B Foron lanzados o 9 de marzo de 2023 mediante un foguete CZ-4C. Foron desenvolvidos por Aerospace Dongfanghong Satellite, pero o seu propósito é descoñecido.

Historial de lanzamentos

MisiónData de lanzamentoFoguete lanzadorNotasTianhui-1 124 de agosto de 2010CZ-2DÉxitoTianhui-1 26 de maio de 2012CZ-2DÉxitoTianhui-1 326 de outubro de 2015CZ-2DÉxitoTianhui-2 1A29 de abril de 2019CZ-4BÉxitoTianhui-2 1B29 de abril de 2019CZ-4BÉxitoTianhui-1 429 de xullo de 2021CZ-2DÉxitoTianhui-2 2A18 de agosto de 2021CZ-4BÉxitoTianhui-2 2B18 de agosto de 2021CZ-4BÉxitoTianhui-2 429 de decembro de 2021CZ-2DÉxitoTianhui-6A9 de marzo de 2023CZ-4CÉxitoTianhui-6B9 de marzo de 2023CZ-4CÉxitoTianhui-5A31 de outubro de 2023CZ-6AÉxitoTianhui-5B31 de outubro de 2023CZ-6AÉxitoTianhui-5C4 de xullo de 2024CZ-6AÉxitoTianhui-5D4 de xullo de 2024CZ-6AÉxito

Notas

Véxase tamén Outros artigos CZ-2D CZ-4B CZ-4C CZ-6A

Categoría:Satélites artificiais