Kathryn Ryan Cordell Thornton, nada en Montgomery, Alabama, o 17 de agosto de 1952, é unha astronauta estadounidense retirada que formou parte das misións STS-33, STS-49, STS-61 e STS-73.
Traxectoria Thornton graduouse en física pola Universidade Auburn en 1974 e ten un máster na mesma materia pola Universidade de Virxina en 1977. Ten tamén un doutoramento en física por esta última universidade en 1979. Foi seleccionada como astronauta pola NASA en maio de 1984, participando nas misións STS-33, STS-49, STS-61 e STS-73. Pasou un total de 40,63 días no espazo.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos STS-33 STS-49 STS-61 STS-73
Categoría:Astronautas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1952 Categoría:Nados en Alabama