A alícuota é a parte que está contida nun todo un número exacto de veces. En ocasións funciona como termo sinónimo de parte proporcional.
En matemáticas
Parte alícuota, divisor propio dun enteiro Suma alícuota, a suma das partes alícuotas dun enteiro Secuencia alícuota, unha secuencia de enteiros onde cada número é suma alícuota do número anterior.
En música
Cordas alícuotas, o uso de cordas que non se tocan pero que resoan simpaticamente coas notas tocadas. Rexistro alícuota, un rexistro de órgano que engade armónicos ou sobretons en lugar do ton primario
En ciencias
Alícuota dunha mostra, en química e outras ciencias, é a porción exacta ou a cantidade total dun líquido ou sólido. Alícuota en laboratorio, en xeral é a parte que se toma dun volume ou masa iniciais, para ser usada nunha proba, cuxa composición e propiedades físico-químicas representan as da substancia orixinal. Alícuota en farmacia, un método para medir ingredientes por debaixo da sensibilidade da escala por dilución proporcional con ingredientes coñecidos inactivos Alícuota do xenoma, o problema de reconstruír un xenoma ancestral a partir dos xenomas de descendentes poliploides
Outros usos Alén do significado xeral, por exemplo, repartir algo en partes iguais ou proporcionais, alícuota, ten significados tamén nos eidos da pesca e acuicultura, no dereito e administración pública ou no sistema público de agrimensura en varios países,
Notas
Categoría:Técnicas de laboratorio Categoría:Unidades de volume