The Power of the Dog é un filme de 2021 escrito e dirixido por Jane Campion. Baséase na novela homónima de 1967 novela de Thomas Savage. Está protagonizado por Benedict Cumberbatch, Kirsten Dunst, Jesse Plemons e Kodi Smit-McPhee. Foi rodado case completamente en Otago, Nova Zelandia, e o filme é unha coprodución internacional entre Nova Zelandia, Australia, o Reino Unido, os Estados Unidos de América e o Canadá. The Power of the Dog abrangue temas como o amor, a dor, o resentimento, os celos e a sexualidade humana.

The Power of the Dog estreouse na 78ª edición do Festival Internacional de Cinema de Venecia o 2 de setembro de 2021, onde Campion gañou o León de Prata á mellor dirección. O filme tivo unha estrea limitada nos cinemas en novembro de 2021, e estreouse internacionalmente a través de Netflix o 1 de decembro de 2021. The Power of the Dog recibiu a aclamación universal por parte da crítica, que eloxiou a dirección de Campion, así como o guión, a fotografíaa, a banda sonora e as interpretacións dos catro actores principais. Foi amplamente considerado como un dos mellores filmes de 2021 por varias listas do top ten.

Personaxes

Benedict Cumberbatch como Phil Burbank Kirsten Dunst como Rose Gordon Jesse Plemons como George Burbank Kodi Smit-McPhee como Peter Gordon Thomasin McKenzie como Lola Genevieve Lemon como Mrs. Lewis Keith Carradine como Gobernador Edward Frances Conroy como Old Lady Burbank Peter Carroll como Old Gent Burbank Alison Bruce como muller do Gobernador Edward Alistair Sewell como Jock Cohen Halloway como Bobby Sean Keenan como Sven Adam Beach como Edward Nappo Maeson Stone Skuggedal como fillo de Edward Nappo Alice Englert como Buster

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Filmes de 2021 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes de Nova Zelandia Categoría:Filmes de Australia Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes do Reino Unido Categoría:Filmes do Canadá Categoría:Filmes sobre irmáns Categoría:Filmes sobre vacas Categoría:Filmes sobre temática LGBT de Nova Zelandia Categoría:Filmes sobre temática LGBT dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes rodados en Nova Zelandia Categoría:Filmes ambientados en Montana Categoría:Filmes ambientados en 1925