Antonio de los Ríos Arenas, nado en Córdoba o 2 de xaneiro de 1934, é un exfutbolista español, que xogaba como centrocampista.
Traxectoria Debutou na Segunda División aos 20 anos, nas filas do España de Tánxer, na primeira xornada da tempada 1954/55. Despois de dous anos en Tánxer, fichou en 1956 polo Sevilla. No equipo adestrado por Helenio Herrera non contou con minutos, e en xaneiro de 1957 foi cedido xunto con Liz ao Deportivo da Coruña, dentro dunha operación na que o Sevilla conseguiu o traspaso de Arsenio. Debutou na Primeira División na xornada 20 da tempada 1956/57, contra o FC Barcelona en Riazor, formando no medio do campo xunto con Villarrubia. Disputou un total de 11 partidos co Deportivo e marcou un gol, precisamente contra o Sevilla.
Regresou ao club hispalense ao remate da campaña, e xogou oito encontros na seguinte, incluíndo un partido da Copa de Europa contra o Real Madrid. Na tempada 1959/60 xogou co Levante na Segunda División.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en BDFutbol .
Categoría:Nados en 1934 Categoría:Nados en Córdoba Categoría:Futbolistas de Andalucía Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do Sevilla FC Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña Categoría:Xogadores do Levante UD