Vicente Moret-Bonillo, nado en Valencia en 1962, é un químico, doutor en física e profesor universitario español, profesor emérito da Universidade da Coruña.
Traxectoria
Tras obter os títulos de licenciatura e doutoramento, trasladouse aos Estados Unidos, onde se especializou en monitorización intelixente e intelixencia artificial aplicada á medicina. Polo seu traballo en informática biomédica, recibiu o "Premio á Contribución Significativa no Campo da Enxeñaría Clínica" e foi nomeado "Membro Sénior do IEEE". De volta a España, traballou como investigador e profesor no Departamento de Electrónica da Universidade de Santiago de Compostela. Posteriormente trasladouse permanentemente á Universidade da Coruña, onde supervisou teses doutorais sobre intelixencia artificial, razoamento impreciso, monitorización intelixente, validación e usabilidade de sistemas informáticos e computación cuántica. O seu traballo docente e de coordinación de cursos desenvólvese na Facultade de Ciencias, na ETSICC (Escola Técnica Superior de Enxeñaría Civil) e na Facultade de Informática.
Investigación É o investigador principal de máis de 30 proxectos de I+D+i. Entre estes proxectos, destaca o Proxecto QUALYMAN, un proxecto de investigación e desenvolvemento (I+D) centrado no deseño e implementación de sistemas de xestión participativa baseados en criterios de calidade para pequenas e medianas empresas (PEME). QUALYMAN forma parte da iniciativa ADAPT do Fondo Social Europeo, financiada por diversas organizacións. Máis recentemente, foi nomeado coordinador español na Universidade da Coruña para o proxecto europeo NEASQC sobre aplicacións prácticas da computación cuántica. Recoñecido especialista en aplicacións médicas da intelixencia artificial e a computación cuántica, son notables as súas contribucións á medicina de coidados intensivos, á monitorización fetal, á medicina do sono e ao cancro de mama. No ano 2000, fundou o Laboratorio de Intelixencia Artificial e Computación Cuántica, actualmente situado no CITIC (Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e das Comunicacións da Universidade da Coruña.)
Docencia Profesor responsable das materias de Enxeñaría Informática (Intelixencia Artificial), Profesor das materias do Grao en Informática (Sistemas Intelixentes, Representación do Coñecemento e Razoamento Automático – xefe e coordinador), Profesor responsable na ETSICCP (Sistemas Expertos), Profesor responsable das materias de Tecnoloxía da Enxeñaría Civil (Sistemas Expertos en Enxeñaría Civil), Profesor responsable das materias de Doutoramento en Informática (Modelos Físicos en Computación Avanzada: Termodinámica da Computación, Computación Reversible e Computación Cuántica). Membro do comité de redacción da Licenciatura en Nanociencia e Nanotecnoloxía. Membro do comité de redacción do plan de estudos do Máster Interuniversitario en Tecnoloxías da Información Cuántica. Coordinador do Máster Interuniversitario en Tecnoloxías da Información Cuántica da Universidade da Coruña. Cando se xubilou, recibiu unha carta dos seus alumnos co seguinte texto: "Vicente Moret Bonillo, sen dúbida un dos profesores máis emblemáticos e queridos da facultade. As súas clases únicas, onde primaban a curiosidade e o traballo en equipo, deixaron unha pegada duradeira nos seus alumnos. Moita sorte nos seus novos empeños".
Xestión Foi o primeiro director dos Servizos Xerais de Apoio á Investigación da Universidade da Coruña, Adxunto ao vicerreitor de Investigación e director da Oficina de Transferencia de Resultados de Investigación. Participación activa en proxectos de I+D, transferencia de coñecemento e difusión. Profesor responsable das materias de Enxeñaría Informática (Intelixencia Artificial), Profesor das materias do Grao en Informática (Sistemas Intelixentes, Representación do Coñecemento e Razoamento Automático – xefe e coordinador), Profesor responsable na ETSICCP (Sistemas Expertos), Profesor responsable das materias de Tecnoloxía da Enxeñaría Civil (Sistemas Expertos en Enxeñaría Civil), Profesor responsable das materias de Doutoramento en Informática (Modelos Físicos en Computación Avanzada: Termodinámica da Computación, Computación Reversible e Computación Cuántica). Membro do comité de redacción da Licenciatura en Nanociencia e Nanotecnoloxía. Membro do comité de redacción do plan de estudos do Máster Interuniversitario en Tecnoloxías da Información Cuántica. Coordinador do Máster Interuniversitario en Tecnoloxías da Información Cuántica da Universidade da Coruña.
Impacto O informe pericial presentado tras ser nomeado perito polos Tribunais de Xustiza foi fundamental para esclarecer as causas de dous accidentes hospitalarios, que resultaron en lesións graves e irreversibles.
Actividades Poeta, escritor e dramaturgo activo. Divulgador científico.
Obra escrita publicada (selección) ESTER, un sistema experto en supervisión de terapias respiratorias, 1988, UDC. Tese de doutoramento. Fundamentos de inteligencia artificial, 1998, UDC. Con Amparo Alonso Betanzos. ISBN 84-89694-68-0. Varias edicións. Tecnologías de la Información y las Comunicaciones, 1998, Instituto Tecnológico de Galicia e Xunta de Galicia. ISBN 84-84973-13-7 Validación de sistemas inteligentes, 2002, Tórculo Edicións. Con Eduardo Mosqueira Rey. ISBN 84-8408-194-X. Adventures in Computer Science. From Classical Bits to Quantum Bits, 2017. Springer. ISBN 978-3-319-64807-1.Adventures in Computer Science na páxina web da editorial . Razonamiento avanzado con conocimiento inexacto, 2025. ISBN 979-8311218573.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Ficha de Vicente Moret Bonillo no sitio web da UDC. https://www.youtube.com/watch?v=1UiWvgFe7RE
Categoría:Investigadores da intelixencia artificial Categoría:Nados en Valencia Categoría:Nados en 1962 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Catedráticos da Universidade da Coruña Categoría:Escritores en lingua castelá