dereita|miniatura|Imaxe de resonancia magnética: leucoaraiose nun paciente de 90 anos, que presenta ademais unha atrofia cerebral. O termo leucoaraiose emprégase en medicina para describir un achado radiolóxico que consiste na perda difusa de densidade en varias rexións da substancia branca do cerebro, próximas aos ventrículos cerebrais e á cortiza cerebral profunda.Revista Stroke: Leukoaraiosis, Ischemic Stroke, and Normal White Matter on Diffusion-Weighted MRI, 2002. Consultado o 10 de xaneiro de 2010 Non é un diagnóstico, senón un achado radiolóxico, detéctase mediante imaxes obtidas por diferentes técnicas, como a resonancia magnética nuclear e a tomografía axial computarizada.Amadeo Muntané Sánchez: La mente y el cerebro. Visión orgánica, funcional y metafísica, 2005. Consultado o 8 de xaneiro de 2010 miniatura|Imaxe de resonancia magnética ponderación T2 FLAIR: lesións de leucoaraiosis (frechas). A leucoaraiose pode aparecer en diferentes procesos, como a doenza de Alzhéimer, a demencia multiinfarto e a enfermidade de Binswanger, aínda que é frecuente que se observe en persoas de idade avanzada que non presentan ningún signo de enfermidade. Desta forma detéctase no 22% de suxeitos menores de 40 anos e nun 30-92% en maiores de 60 anos, por iso para moitos autores non sería máis que un proceso fisiolóxico asociado ao envellecemento.Análisis comparativo de la leucoaraiosis en la enfermedad de Alzheimer, la enfermedad de Binswanger y los infartos lacunares. Estudio por Resonancia Magnética convencional y espectroscópica. Tese doutoral. Universidade Autónoma de Barcelona, consultado o 14 de outubro de 2016.
Suscitouse un debate na comunidade médica sobre a orixe e importancia deste achado, non estando totalmente aclarado o seu significado e prognóstico. A asociación de leucoaraiose coa existencia de cambios de conduta ou demencia é factible, pero para moitos especialistas é inconsistente, tendo en conta que nalgunhas series aparece leucoaraiose no 90% das persoas de máis de 60 anos.Federico Micheli: Tratado de neurología clínica. Consultado o 15 de outubro de 2016 Revista Stroke: New Clinical Relevance of Leukoaraiosis, 1998. Consultado o 8 de decembro de 2010.
Historia O termo procede do grego leuko (branco) e araios (rarefacción). O neurólogo canadense Vladimir Hachinski acuñou o nome en 1987.Revista neurológica Argentina: Homenaje al profesor Vladimir Hachinski, 2001. Consultado o 8 de xaneiro de 2010. Hachinski V.C., Potter P., Merskey H: Leuko-araiosis, Arch Neurol. 1987; 44: 21-23
Frecuencia Persoas normais: A leucoaraiose aparece entre o 9 e 19% de persoas normais de calquera idade, no 22% dos suxeitos normais menores de 40 anos e no 30-92% das persoas de máis de 60 anos. Demencia vascular. Aparece leucoaraiose no 41-100% de pacientes diagnosticados de demencia vascular. Enfermidade de Alzhéimer. A leucoaraiose pode observarse no 19-78% de pacientes con enfermidade de Alzhéimer.
Síntomas Dado que a leucoaraiose non é unha doenza, senón un termo de neuroimaxe descritivo e que se presenta tanto en persoas completamente normais como en distintas situacións clínicas e patolóxicas, entre elas a enfermidade de Alzhéimer e outras demencias, non existen síntomas específicos asociados a esta condición.VV.AA: Leucoaraiosis. Aspectos fisiopatológicos y diagnóstico por imagen. Rev haban cienc méd vol.12 no.3, xul.-set. 2013. Consultado o 20 de outubro de 2016.
Notas
Categoría:Termos médicos