Balbino Fernández Vázquez, coñecido como Noe, nado na Pobra do Caramiñal en 1914 e finado na Coruña o 10 de abril de 1997, foi un político galego.

Traxectoria Irmán máis novo de José Fernando Fernández Vázquez,"Un hermano del comandante Sotomayor conoció su paradero al leer un reportaje en La Voz de Galicia", La Voz de Galicia, 2-2-1979, p. 20. mariñeiro, foi directivo da Casa do Pobo da Pobra do Caramiñal. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu e refuxiouse na serra do Barbanza permanecendo alí co seu irmán e un grupo de homes armados. Cando rematou a resistencia permaneceu agochado ata que foi detido e posteriormente xulgado en Santiago de Compostela por rebelión e condenado a 20 anos de prisión. Saíu en liberdade condicional con liberación do desterro en 1941.El Compostelano, 31-7-1941, p. 2. Instalouse na Coruña, onde foi inspector dunha compañía de seguros. Finou na Coruña o 10 de abril de 1997.Necrolóxica en La Voz de Galicia, 11-4-1997, p. 48.

Vida persoal

Casou con María Teresa Rosende Queiruga e foi pai de Juan, María Balbina e María Francisca Fernández Rosende.

Notas

Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados na Pobra do Caramiñal

Categoría:Nados en 1914 Categoría:Finados en 1997