Afrikan tähti (en sueco Afrikas stjärna, en galego Estrela de África) é un xogo de mesa finlandés creado por Kari Mannerla, no que o obxectivo dos xogadores é encontrar unha xema chamada a "Estrela de África". Mannerla ideou o xogo orixinalmente cando tiña 19 anos baseado nunha pequena investigación previa. En 1951 lanzouse Afrikan tähti, facéndose moi popular en Finlandia, e vendendo máis de catro millóns de unidades a nivel internacional.

As normas do xogo son sinxelas: os xogadores avanzan sobre un taboleiro baseado no mapa de África tirando un dado e dando a volta a pesas de cartón para atopar tesouros. Os cartos que os xogadores conseguen dos tesouros pode acelerar o seu avance no xogo. Gaña o xogo a persoa que encontra a Estrela de África (Afrikan tähti) e a leva ao punto de partida nos cadros de Tánxer ou O Cairo.

Fixéronse tamén versións dixitais do xogo para Commodore 64 e dispositivos móbiles. En 2014 agregouse un complemento ao xogo de mesa, no que se engaden novos elementos, como cartas de personaxe e eventos. Durante os seus días de xubilación Mannerla creou tamén unha nova versión do seu vello xogo, Inkan aarre (en galego Tesouro inca), que transcorre en América do Sur e lembra na súa mecánica a Afrikan tähti.

Normas

O obxectivo do xogo é atopar unha xema chamada "Estrela de África" e levala os seguros Tánxer e O Cairo, que son ademais os puntos de partida do xogo. Inicialmente cada xogador recibe 300 libras. A orde de saída determínase tirando o dado, o xogador que obtén o número máis alto inicia o xogo, e séguenlle o resto por orde descendente do número que obtiveron.

Antes de iniciar o xogo colócanse 30 discos sobre outros tantos círculos vermellos no taboleiro ao azar coa parte posterior cara a arriba. Os discos teñen a mesma aparencia na súa parte posterior, mais diferéncianse nas imaxes da súa parte anterior. Un dos discos é a "estrela de África"; entre o resto dos discos son dous rubís, tres esmeraldas, catro topacios, tres ladróns e cinco ferraduras. Os demais discos están en branco e non teñen efecto no desenvolvemento do xogo.

Os xogadores moven as súas fichas sobre un taboleiro que mostra un mapa de África de acordo co número de puntos que sinale o dado. O xogo ten tres rotas diferentes:

O camiño de puntos negros, sobre o continente, é o máis común, e o xogador pode moverse por el de xeito gratuíto. A rota marítima está descrita por puntos azuis, e pode ser recorrida pagando 100 libras ou avanzando como máximo dous puntos por quenda sen pagar. A rota aérea está marcada por liñas vermellas, e o xogador debe pagar 300 libras para desprazarse entre dous puntos vermellos.

Se o xogador chega a un punto vermello, no que hai un disco de cartón, pode pagar 100 libras ou tirar o dado (4, 5 u 6) para darlle a volta ao disco. O xogador pode pararse no punto vermello, mesmo se os puntos do dado permiten seguir avanzando. Se no disco hai unha xema que non sexa a "estrela de África", o xogador recibe cartos por ela (300 polo topacio, 600 pola esmeralda e 1 000 polo rubí), mais se nel hai un ladrón, o xogador perderá todos os seus cartos. miniatura|esquerda|200px|Atopar unha ferradura pode darlle a vitoria a quen a encontre. Cando un xogador encontra a "estrela de África", ten que levala a calquera das cidade de inicio do xogo para gañar. Se algún outro xogador encontra unha ferradura despois de que se encontre a "estrela de África", ten a posibilidade de gañar o xogo chegando a Tánxer ou O Cairo antes de que o xogador que atopou a "estrela de África".

Segundo as normas orixinais, un xogador que viaxaba pola rota marítima tiña que pedir emprestados cartos a outros xogadores para a viaxe, ou quedar atrapado durante o resto da partida, se atopaba un ladrón nunha illa e perdía todos os seus cartos. En 2005 realizouse unha ampliación ás normas sobre a viaxe marítima, segundo a cal é posible viaxar por mar dous pasos en cada quenda sen ter cartos en lugar de lanzar os dados. A norma antiga considerouse nostálxica, xa que a frustración de quedar atrapado na illa foi unha experiencia que une a moitas xeracións de xogadores.

Nomes dos lugares do taboleiro de xogo miniatura|200px|O taboleiro de xogo é un mapa de África. Os nomes dos lugares no taboleiro de xogo están escritos na súa forma inglesa. O xogo desenvolveuse nunha época na que moitos países africanos eran aínda colonias. Dende a súa independencia moitos nomes de lugares cambiaron, e non todos os nomes do taboleiro de xogo se usan na actualidade. Con todo, o xogo de mesa orixinal e os nomes que emprega non cambiaron.

Puntos de saída do xogo, aos cales tamén se leva a "estrela de África" ao final do xogo: Tánxer – cidade costeira de Marrocos á beira do estreito de Xibraltar. O Cairo – capital de Exipto.

Os lugares do taboleiro de xogo nos que existen círculos vermellos nos que se colocan discos son os seguintes, por orde alfabética: Addis Abeba – capital de Etiopía. Ain Galaka – lugar de oasis no Sáhara, no norte do Chad. Bahr el Ghazal – afluente do Nilo e unha rexión no sur do Sudán. Canary Islands () – arquipélago español no Atlántico. Cape Guardafui – cabo máis oriental de África en Somalia. Cape Saint Marie – cabo máis meridional de Madagascar. Cape Town () – cidade de Suráfrica próxima ao cabo de Boa Esperanza Cape Verde () – península de África que supón o cabo máis occidental do continente en Senegal, nas proximidades de Dakar (a nación insular Cabo Verde tamén está próxima, mais no taboleiro de xogo o lugar está claramente no cabo). Congo – dúas nacións de África Central, tamén río, no que na súa desembocadura se sitúa o punto vermello Dar es Salaam, antiga capital de Tanzania á beira do océano Índico, a cidade máis grande do país. Darfur, rexión do Sudán. Dragon Mountains () – cordilleira de Suráfrica. Exipto () – país no nordeste de África, na fronteira con Asia Gold Coast (), antiga colonia británica, actualmente Ghana. Kandjama – vila no centro de Gabón. Lake Victoria () – maior lago de África nos territorios de Tanzania, Kenya e Uganda. Morocco () – país no noroeste de África. Mozambique – estado na costa de África Oriental. Ocombo – pequena vila no leste da República Democrática do Congo. Sáhara – deserto máis grande do mundo no norte de África. Saint Helena (), illa británica no medio do océano Atlántico. Sierra Leone (), país na costa occidental de África. Slave Coast () – antigo nome para a costa de Nixeria. Suakin – cidade portuaria sudanesa á beira do mar Vermello. Tamatave – actualmente Toamasina, cidade costeira no leste de Madagascar. Timbuktu – cidade historicamente notable de Malí. Tripoli – capital de Libia na costa do mar Mediterráneo. Tunis () – capital de Tunisia á beira do Mediterráneo. Victoria Falls () – cataratas no río Zambeze na fronteira entre Zambia e Zimbabwe. Whalefish Bay – actualmente Walvis Bay, cidade portuaria de Namibia á beira do Atlántico.

Nacemento do xogo Dende os 14 anos Kari Mannerla deseñara distintos xogos de mesa, como Totalisaattoriravit, Gangsterit kiinni, Radiumtaistelu Marsissa, Merien kauhu (1948) e Inkan aarre, que vendeu por unha pequena suma e non chegaron ser tan exitosos como Afrikan tähti. Feito cando Mannerla tiña 19 anos e era un experimentado inventor de xogos, Afrikan tähti foi o derradeiro dos xogos da súa xuventude. miniatura|A "Gran estrela de África" ​​cortada do diamante Cullinan. Na imaxe unha copia no Museum Reich der Kristalle de Múnic. Segundo Mannerla, a idea do xogo naceu cando viu o engurrado mapa de África e os fascinantes nomes de lugares como Casablanca e Dar es Salaam nos filmes de Humphrey Bogart. Mannerla inventou o nome do xogo a raíz dun artigo no que falaba do Cullinan, o maior diamante do mundo, encontrado en Suráfrica. A súa peza puída máis grande é coñecida como a Grande estrela de África (). Elixiu no mapa nomes que soaban emocionantes. Debuxou de xeito arbitrario camiños e rotas marítimas e aéreas. Logo ocorréuselle que non era necesario seguir sempre un determinado camiño no xogo, senón que cada persoa pode elixir a súa propia rota. Con todo, a idea principal foron as pezas reversibles e aleatorias.

Mannerla ofreceu o xogo en alugueiro á imprenta Tilgmann. O prezo negociouse para un par de anos. Mannerla conformouse cunha suma bastante pequena pola edición de 10 000 xogos, sempre que as edicións posteriores se acordaran por separado. Tilgmann concordou, xa que normalmente non se realizaban novas edicións dos xogos. O acordo foi un éxito para Mannerla. O primeiro Afrikan tähti saíu da imprenta en outono de 1951, e sete anos despois xa se venderan máis de 100 000 xogos. A icónica ilustración da portada do xogo foi realizada por Seppo Heinonen, que tamén estaba traballando entre os anos 1957 e 1961 para Tilgmann, o editor orixinal do xogo.

Mannerla visitou por primeira vez o continente africano na década de 1980, cando realizou unha viaxe da compañía por Marrocos. Posteriormente, a finais da década de 1990 sinalou divertido polo deseño do taboleiro de xogo, que "é conmovedor o infantil que está feito". Por outra banda tamén afirmou, que "se fas un plano de estudos, non haberá un bo xogo".

Nos seus días de xubilación Kari Mannerla reviviu tamén unha versión totalmente renovada do seu antigo xogo Inkan aarre. Os dereitos de autoría de ambos xogos pertencen actualmente ás cinco fillas de Mannerla. Afrikan tähti é unha marca rexistrada.

Recepción Popularidade

Afrikan tähti mantívose como un dos xogos de mesa máis vendidos en Finlandia durante máis de 60 anos. O xogo ten sido chamado o favorito perdurable que une xeracións de finlandeses. No ano 2013 vendéranse máis de catro millóns de copias en todo o mundo. Co tempo traduciuse a máis de dezaseis idiomas, e a súa maior popularidade é maior nos países nórdicos. A primeira versión internacional publicouse en Noruega en 1956. En Suecia o xogo véndese baixo o nome Den Försvunna Diamanten, en Noruega como Den Försvunne Diamanten e en Dinamarca é chamado Afrikas Stjerne.

Crítica

Segundo os estudos académicos o xogo reproduce os mitos coloniais sobre África e a súa explotación: por exemplo o diamante debe ser "levado a un lugar seguro" nas cidades gobernadas por europeos. No momento da súa publicación en 1951 os países europeos consideraban varios países africanos como colonias. Segundo Henna Yläsen Afrikan tähti é un bo exemplo do pouco que se controlan as edicións de xogos en comparación coa prensa e os libros escolares. Os debuxos estereotípicos Afrikan tähti sitúanse ”na intersección entre o xogo, o xogar e o humor, onde tamén hai máis espazo para interpretacións cuestionables ou contraditorias”. A pesar das críticas o xogo aínda se edita case na mesma forma que cando se lanzou en 1951. A aparencia antiga das ilustracións e os nomes empregados no taboleiro de xogo téñense considerado tamén parte do encanto do xogo.

Na lista do sitio web Boardgamegeek o xogo ten recibido as peores críticas para os xogos de mesa da década de 1950. Segundo Lautapeliopas o xogo é un xogo de azar desapiadado, onde non hai moitas habilidades que celebrar”, e para as persoas afeccionadas aos xogos de mesa odiar o xogo é "un importante factor de unión".

Na cultura O Museo Helinä Rautavaara acolleu entre o 2007 e 2008 a exposición Afrikan tähti. No chan da exposición pintouse un percorrido de visita que lembraba as rotas do taboleiro de xogo, e no que as persoas que visitaban a exposición actuaban como pezas do xogo. A exposición tiña fins educativos e falaba de lugares que aparecían no xogo.

A obra de teatro de Janne Saarakkala Cape Town está inspirada no xogo Afrikan tähti.

Versións Xogos de mesa O nome orixinal de lanzamento do logo era Kadonnut Afrikan tähti – Den försvunna diamanten (). O editor actual do xogo é Martinex, a quen se lle transferiron os dereitos no ano 2003 como resultado dunha adquisición comercial.