Susanne Börner, nada en Mannheim o 4 de setembro de 1980, é unha numismática e arqueóloga alemá, especializada na moeda da Antiguidade, fundamentalmente a imperial romana.

Traxectoria Susanne Börner naceu en Mannheim o 4 de setembro de 1980. En 2000 comezou os seus estudos superiores de Historia Antiga, Arqueoloxía Clásica, e Historia Medieval e Moderna nas Universidades de Mannheim e de Heidelberg. En 2005 graduouse no seu mestrado cun traballo titulado "Interpretación grega dos soños e oráculos oníricos na antigüidade"."Dr. Susanne Börner". Universität Heidelberg.

En 2006 traballou no Museo Histórico do Palatinado, en Espira, e desde ese ano ata 2010 foi asistente científica da Academia de Ciencias e Humanidades de Heidelberg."Dr. Susanne Börner". Universität Heidelberg.

En 2011 acadou o seu doutoramento na Universidade de Heidelberg cunha tese titulada "Marco Aurelio en Espira no espello das súas moedas e dos seus medallóns; análise comparativa das cuñaxes da cidade romana entre 138 e 180 d. C.", baixo a dirección dos profesores Stupperich e Hölscher, que foi publicada o ano seguinte.Véxase (2012) en "Publicacións". Ese mesmo 2011 accedeu á cátedra de Numismática Antiga da Universidade de Oldemburgo."Dr. Susanne Börner". Universität Heidelberg.

Desde 2015, Börner participa e coordina diversos proxectos de estudo e investigación en institucións como o Centro de Numismática Antiga de Heidelberg, a Rede Numismática de Baden-Württemberg, a Fundación Fritz Thyssen, a Universidade de Oldemburgo, a Dirección Xeral do Patrimonio Cultural de Renania-Palatinado ou a Comisión Numismática dos Estados da República Federal de Alemaña. En 2018 foi nomeada voceira adxunta da Rede KENOM (siglas de "indexación e uso cooperativo de datos de obxectos de coleccións de moedas" en alemán)."Dr. Susanne Börner". Universität Heidelberg.

Recoñecementos

(2005): Premio Artes Liberais AbsolventUM."Dr. Susanne Börner". Universität Heidelberg. (2021): Premio da Sociedade de Historia Monetaria Internacional, da GIG."Dr. Susanne Börner". Universität Heidelberg."GIG-Ehrenpreisträger". Gesellschaft für Internationale Geldgeschichte.

Publicacións Esta é unha escolma das publicacións máis salientables de Susanne Börner."Börner, Susanne". WorldCat Identities.

Monografías

(2012). Marc Aurel im Spiegel seiner Münzen und Medaillons. Eine vergleichende Analyse der stadtrömischen Prägungen zwischen 138 und 180 n. Chr., Dr. Rudolf Habelt GmbH, Bonn. ISBN 9783774937697

(2013). Geld regiert die Welt. Münzfunde aus Schwarzenacker. Homburg-Schwarzenacker Stiftung Römermuseum Homburg-Schwarzenacker, Homburg/Saar. ISBN 9783981582109

Artigos e colaboracións

(2021). "NumiScience.de: Münzen als Online-Quelle für den Unterricht". Heidelberg School of Education. (2021). "Die e-Learning-Plattform NumiScience.de des Numismatischen Verbundes in Baden-Württemberg" (con S. Preiswerk). En Zeitarbeit, 3. Páxinas 1-7

Notas

Categoría:Nados en 1980 Categoría:Nados en Mannheim Categoría:Numismáticos de Alemaña Categoría:Arqueólogos de Alemaña Categoría:Galardoados co premio da Sociedade de Historia Monetaria Internacional Categoría:Membros da Comisión Numismática dos Estados da República Federal de Alemaña Categoría:Alumnos da Universidade de Mannheim Categoría:Alumnos da Universidade de Heidelberg Categoría:Profesores da Universidade de Oldemburgo Categoría:Personalidades sen imaxes