Super Loki foi un foguete sonda estadounidense de propelente sólido desenvolvido nos anos 1960 e formado por unha soa etapa.
Características Super Loki foi unha versión mellorada do foguete sonda Loki, cun maior diámetro e unhas mellores características balísticas para, ao regresar a terra, non desviarse do sitio calculado de impacto. Foi desenvolvido por Space Data Corporation para facer medicións meteorolóxicas nas capas superiores da atmosfera, como a medición de temperatura, densidade e velocidade do vento. Era capaz de enviar 6 kg de carga útil a 90 km de altura.
Véxase tamén
Outros artigos Loki
Notas
Categoría:Foguetes sonda