Tatiana Huezo Sánchez, nada en San Salvador o 9 de xaneiro de 1972, é unha directora de cinema salvadoreña que reside en México. O seu primeiro filme, El lugar más pequeño (2011), un documental sobre a guerra civil salvadoreña, foi galardoado internacionalmente. En 2016, estreou Tempestad, a historia de dúas mulleres que padecen as consecuencias do tráfico humano en México. En 2016, recibiu o Premio Fénix ao mellor documental.
Traxectoria Nada no Salvador, Tatiana Huezo viviu en México dende os catro anos de idade. Graduouse no Centro de Capacitación Cinematográfica (CCC), onde imparte clases dende entón. En 2004, realizou un máster en creatividade de documentais pola Universidade Pompeu Fabra de Barcelona.
En 1997, rodou a curtametraxe Tiempo cáustico. A súa primeira longametraxe foi El lugar más pequeño, que se estreou no ano 2011, un testemuño das experiencias da guerra civil no Salvador. Recibiu numerosos premios e foi exposto en máis de 50 festivais de todo o mundo.
En 2015, Huezo presentou Ausencias, unha curtametraxe de 27 minutos que conta a dor de Lulu, unha nai que perde o seu marido e o seu fillo, desaparecidos polo crime organizado.
Na súa obra, retratou a impunidade das persoas ante a xustiza e as institucións, humanizando ás vítimas. Sobre Tempestad, Huezo dixo:
Tempestad, que no 2016 recibiu o Premio Fénix ao mellor documental, conta as historias reais de Miryam Carvajal, unha muller mexicana que pasou case un ano no cárcere de Matamoros acusada de tráfico humano, un crime que non cometeu, e de Aldela Alvarado, que busca a súa filla desaparecida. "O que pasa en México está preto da guerra civil que se está a dar en Centroamérica", explica Huezo.
Filmografía Tiempo cáustico (1997) El ombligo del mundo (2001) El lugar más pequeño (2011) Ausencias (2015) Tempestad (2016) Noche de fuego (2021) El Eco (2023)
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Categoría:Nados en 1972 Categoría:Nados en San Salvador Categoría:Alumnos da Universidade Pompeu Fabra Categoría:Directores de cinema de México Categoría:Directores de cinema do Salvador