Francisco Bustelo Vázquez, nado en Ribadeo en 1901 e finado en Madrid o 8 de marzo de 1987,Necrolóxica en ABC, 9-3-1987, p. 83. foi un enxeñeiro de camiños galego.
Traxectoria Fillo de Ramón Bustelo González. Enxeñeiro de Camiños, foi director de Energía e Industrias Aragonesas, que se encargaba da construción da planta petroquímica de Sabiñánigo no Pireneo oscense en 1936. No golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 estaba en Madrid para axudar á súa irmá Mercedes. Foi denunciado polos falanxistas. A empresa axudou a Francisco e buscoulle refuxio na embaixada de Francia en Madrid e despois en Francia, desde onde pasou a Donostia cando xa remataba a guerra.Fuimos nosotras: Las primeras parlamentarias de la democracia Logo do seu matrimonio con Carlota García del Real foi copropietario da Banca Bengoechea, que despois se denominou Banca Bustelo. En 1955 concedéronlle a Gran Cruz da Orde do Mérito Civil.El Correo Gallego, 21-7-1955, p. 1.
Vida persoal Casou en Madrid con Carlota García del Real González en 1930,El Regional, 13-10-1930, p. 2. e foi pai de José Ramón, Francisco, Carlos e Carlota Bustelo García del Real.
Notas
Véxase tamén Bibliografía Historia de La Guerra Civil contada por dos hermanas. Memorias de golpe, revolución y guerra
Ligazóns externas
Historia de la 'tía Carlota'
Categoría:Enxeñeiros de Galicia Categoría:Nados en Ribadeo Categoría:Nados en 1901 Categoría:Finados en 1987