miniatura|250px|Xogador de cesta punta de Miami. A cesta punta é un deporte de orixe vasca. O nome provén do éuscaro zesta-punta, 'punta de cesta'. Tamén recibe o nome de jai alai ("festa alegre" en éuscaro).
Consiste nunha modalidade de pelota vasca que se practica cunha cesta de vimbio. Cóllese a pelota coa cesta, tómase impulso e lánzase cara ao frontón. O peso da cesta oscila entre 200 e 600 g, cunha lonxitude de entre 62 cm (nas posicións dianteiras) e 68 cm (nas defensas). Se se ten en conta a curvatura das liñas, as dimensións oscilan entre 90 e 110 cm, e a profundidade da cesta, de 15 cm.
A cesta fabrícase con madeira de castiñeiro, tecida de vimbio, malia que na actualidade utilízanse materiais sintéticos. A forma da cesta (curva, cóncava, alongada e estreita) é, ao parecer, unha modificación da antiga chistera. Encaixa na man a xeito de luva, atada cunha corda, e vai provista dunha bolsa que axuda a reter a pelota.
Xógase en frontóns de entre 54 e 60 m. O principal trazo da cesta é lanzar a pelota con maior forza e eficacia despois de recollela e deixala deslizar até o extremo. De aí sae despedida contra o frontón, co fin de marcar un "tanto" para conseguir o maior número de puntos.
O xogo por parellas é a modalidade máis común. Os países máis sobresalientes son Francia, España, México, as Filipinas e os Estados Unidos (sobre todo no estado de Florida).
As xogadoras e xogadores profesionais desenvolven as súas tempadas principalmente en México e nos EUA. A tempada estival celébrase en Euskadi e Francia, no circuíto Jai Alai World Tour.
Cesta punta nos Mundiais de Pelota Vasca N.AnoSede 18px|Ouro18px|Prata18px|BronceVitoria I 1952 Donostia M. Balet - J. Balet II 1955 Montevideo R. Montes - A. López III 1958 Biarritz Azcue - José Hamui IV 1962 Pamplona Adrián Zubikarai - José Hamui V 1966 Montevideo Adrián Zubikarai - José Hamui VI 1970 Donostia Camy - Fourneau VII 1974 Montevideo J. Abeberry - J. Irazoqui VIII 1978 Biarritz Aperribay - Totorica IX 1982 Cidade de México D. Michelena - J. Inchauspe X 1986 Gasteiz Etxeverria - Jaime Eza XI 1990 Cuba A. Compañón - Mugartegui XII 1994 Donibane Lohizune Lander - Osa XIII 1998 Cidade de México L. Garcia - E. Irastorza XIV 2002 Pamplona García - Inza XV 2006 Cidade de México García - Inza XVI 2010 Pau Tambourindeguy - Etcheto XVII 2014 Toluca Pablo Lopez Polite-Yolanda Polite
Medalleiro histórico
Cesta punta nos Xogos Olímpicos N.AnoSede Campeones I 1900 París José de Amézola e Francisco Villota II 1924 (deporte de exhibición) París Sagrana, Garate, Santamaría III 1968 (deporte de exhibición) Cidade de México Irmáns Mirapeix, Beascoechea e Arrien IV 1992 (deporte de exhibición) Barcelona Konpa, Atain, Celaya e Oianguren
Medalleiro histórico
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Pelota vasca Categoría:Recipientes Categoría:Artesanía