Felipe Prósperi Cortechi, nado en Todi, Provincia de Perugia, en 1817 e finado en Vigo o 12 de maio de 1899, foi un fotógrafo italiano asentado en Vigo. miniatura|250px|Vigo, c. 1895. Foto Filippo Prosperi. Traxectoria Chegou a Galicia formando parte da compañía teatral de Adelaide Ristori., María Cristina. "Felipe Prósperi Cortechi" Diccionario Biográfico electrónico (DB~e). Real Academia de la Historia. O 25 de setembro de 1869 casou na Igrexa de San Bartolomeu coa pontevedresa Cándida Filomena Otero Fontán (1846-1915), moito máis nova ca el. Instaláronse como fotógrafos, primeiro en Pontevedra, na rúa Parador, e despois en Vigo, na rúa Sombrereros, logo na rúa Triunfo e por último na rúa do Príncipe.

Á morte de Felipe, en 1899, Cándida Otero quedou á fronte do negocio como Viuda de Prósperi. Non tiveran fillos. En 1907 asociarase con Jaime Pacheco, levando a empresa o nome de Pacheco y vda. de Prósperi., Fernanda. "Cándida Otero (1846-1915)"

O traballo do matrimonio Prosperi-Otero foi a orixe do que despois se deu en chamar Arquivo Pacheco..

Recoñecementos Desde 1996 unha rúa do barrio da Florida de Vigo leva o nome de Felipe Prósperi.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos Arquivo Pacheco Jaime Pacheco

Categoría:Fotógrafos de Italia Categoría:Fotógrafos de Galicia coa obra no dominio público Categoría:Nados na provincia de Perugia Categoría:Nados en 1817 Categoría:Finados en 1899 Categoría:Artigos creados co asistente para a creación de artigos Categoría:Actores de teatro de Galicia Categoría:Actores de teatro de Italia