Jaione Valle Turrillas, nada en Pamplona, 1977, é unha investigadora española especializada na área de biomedicina. Desenvolve a súa investigación sobre a identificación de proteínas chamadas BAP (biofilm associated proteins) e a súa relación con enfermidades neurodexenerativas. Traballa no Grupo de Investigación en Patoxénese Microbiana do Centro de Investigacións Biomédicas de Navarra, Navarrabiomed.

Traxectoria Licenciouse en Bioloxía pola Universidade de Navarra en 1999 e doutorouse en 2004 pola Universidade Pública de Navarra coa tese "The role of the global regulators SarA and oB in Staphylococcus aureus biofilm formation". Realizou unha estancia posdoutoral no Instituto Pasteur, Francia (2004-2007), e foi galardoada cunha bolsa Marie-Curie intraeuropea. Continuou a súa carreira como investigadora no Instituto de Agrobiotecnoloxía (IdAB), centro mixto da Universidade Pública de Navarra - Consello Superior de Investigacións Científicas e do Goberno de Navarra.

Actualmente traballa nun centro de investigación biomédica de Navarrabiomed nun proxecto de estudo das proteínas con comportamento amiloide utilizadas polas bacterias do tracto intestinal para establecer comunidades microbianas que, en terminoloxía científica, se denominan biopelículas, investigación pola que foi galardoada co premio Premio L'Oréal-UNESCO a Mulleres en Ciencia" en 2016.

E En palabras da investigadora, "o obxectivo do proxecto é identificar e caracterizar as proteínas amiloides presentes na microbiota intestinal", para "estudar o seu potencial papel no mantemento da homeostase e do equilibrio no sistema gastrointestinal ou no desencadeamento de patoloxías neurodexenerativas como o alzhéimer ou o párkinson ".

Recoñecementos 2021 - Elixida como unha das dez científicas máis relevantes de España pola Fundación Aquae. 2016 - Concedido na XI edición dos premios L'Oréal-UNESCO "Mulleres en Ciencia" 2009 - Bolsa Ramón y Cajal no Grupo de Investigación de Biopelículas Microbianas do Instituto de Agrobiotecnoloxía . 2003 - 2004 - Cualificación de destacado cum laude e premio extraordinario de Doutoramento. 2004 - 2007 - Estancia posdoutoral no Instituto Pasteur, Francia (2004-2007) mediante unha bolsa Marie-Curie intraeuropea (EIF023407).

Notas

Categoría:Nados en Pamplona Categoría:Alumnos da Universidade Pública de Navarra Categoría:Científicos de España Categoría:Nados en 1977 Categoría:Alumnos da Universidade de Navarra