Mbanza-Kongo, coñecida anteriormente como São Salvador en portugués dende 1570 a 1975, é a capital da provincia de Zaire, en Angola, cunha poboación de 148 000 persoas (2014).Citypopulation.de Population of major cities in Angola Mbanza Kongo (ou propiamente Mbanza Koongo ou Kôngo na maioría das ortografías aceptables) foi fundada algún tempo antes da chegada dos portugueses en 1483, e foi a capital da dinastía Kilukeni que gobernaba nese momento. O lugar foi abandonado temporalmente durante as guerras civís do século XVII. Atópase preto da fronteira de Angola coa República Democrática do Congo, no cumio dunha impresionante montaña de cima plana, ás veces chamada Mongo a Kaila (montaña da división) porque as lendas recentes lembran que o rei creou os clans do reino e enviounos dende alí. Ao sur do val discorre o río Luezi. En 2017, Mbanza Kongo foi declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Categoría:Patrimonio da Humanidade en Angola Categoría:Cidades de Angola