A Gornición de St.Ann (en ), ou máis coñecido como "A Gornición" (en ), é un pequeno distrito de Bridgetown, en Barbados. Esta Área histórica da Gornición atópase a unhas dúas millas ao sur da Praza dos Heroes, na capital Bridgetown, e xusto ao oeste da aldea de Hastings, na parroquia veciña de Christ Church. Está dominado pola súa histórica pista de carreiras de cabalos, situada no campo de desfile de 30 acres chamado Garrison Savannah. A zona de Garrison contén ademais moitos edificios históricos, incluíndo cuarteis para o persoal militar. O distrito está dividido en dous pola estrada 7, co forte de Saint Ann, onde está a Forza de Defensa de Barbados (BDF), situada ao oeste.

O conxunto forma parte do Patrimonio da Humanidade de Barbados xunto co centro histórico de Bridgetown.

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Patrimonio da Humanidade en Barbados