Xeneralidades As bandeiras do Canadá teñen unha variada historia canto á súa admisión e significados. As provincias e territorios da federación foron territorio colonial británico e iso inflúe nas súas orixes, adhesións civís e mantemento: algunhas son un simple pavillón, outras unha adaptación da Red ensign inicialmente usado en rexións da actual Commonwealth (v. Columbia Británica, Manitoba e Ontario), algunhas veces con usos simbólicos menos explícitos (Novo Brunswick, Nova Escocia ou Illa do Príncipe Edward), hainas que rompen con esta rotina como cando son unha busca simbólica e tamén explícita dun diferencialismo identitario (v. Quebec) e mesmo deseños moi modernos e atrevidos para unha bandeira (v. Ontario e Toronto). Para a análise, distribuirase o estudo das bandeiras canadenses segundo os territorios ós que se refiren ordenados alfabeticamente.

Para unha asignación correcta dos nomes galegos adaptados ás denominacións territorios orixinais, velaquí unha lista co nome orixinal en inglés ou francés: Alberta: Alberta; British Columbia: Columbia Británica; Manitoba: Manitoba; New Brunswick: Novo Brunswick; Newfoundland and Labrador: Terra Nova e Labrador; the Northwest Territories: Territorios do noroeste; Nova Scotia: Nova Escocia; Nunavut: Nunavut; Ontario: Ontario; Prince Edward Island: illa do príncipe Edward (Eduardo); Québec ou Quebec: Quebec (o til gráfico en francés non marca a acentuación senón a apertura da vogal); the Yukon: o Yukón;

A Red Ensign e a Blue Ensign A Red Ensign non é máis ca unha versión da bandeira do Reino Unido para os seus territorios de ultramar. Consta dunha Union Flag (tamén chamada Union Jack) no cantón sobre un campo de goles. A Union Jack procede da superposición das bandeiras escocesa, inglesa e galesa: sobre un fondo da escocesa (a cruz branca de Santo Andrés sobre campo azur) ubícanse primeiro a aspa vermella da bandeira galesa sobre unha orla branca e logo superpoñéndose a todas a cruz vermella da bandeira inglesa tamén cunha orla branca. O mesmo esquema en azul denomínase Blue Ensign e tamén foi utilizado nos territorios coloniais, aínda que en menor medida: existen países do antigo Imperio Británico que aínda conservan estes símbolos, como o demostran as bandeiras de Australia ou na bandeira de Nova Zelandia. Pola súa banda, tamén a Red Ensign perdura aínda coma bandeira para Ontario e Manitoba.

Bandeiras das provincias e territorios Alberta dereita|200px

Consta dun simple pavillón azul cargado co escudo de armas do territorio no seu centro.

Este seu escudo está formado pola cruz da bandeira inglesa no xefe, as montañas de Alberta no centro e un campo con cereais na punta.

O escudo pode compararse co de Manitoba, Ontario e o Yukón.

Columbia Británica (1960) dereita|200px

A súa bandeira non é máis ca unha representación das armas da provincia: consta de dúas metades horizontalmente, a superior coa bandeira británica actual (Union Flag, "a bandeira da unión" ou do "Reino Unido") cunha coroa centrada (que representa a orixe da provincia na colonia británica) e a metade inferior cunhas ondas de prata e azur (o océano Pacífico) cun sol en solpor superposto (denotando que é a provincia máis occidental). Introduciuse o 4 de xuño de 1960 por parte do primeiro ministro W. A. C. Bennett e usouse por primeira vez no barco Queen of Sidney.

Illa do príncipe Edward dereita|200px

Como outras tantas, a bandeira desta illa é unha copia do escudo provincial de armas. Mentres que os dous quintos superiores teñen o mesmo león dourado pasante sobre campo de goles cá de Novo Brunswick, mentres que no resto inferior porta tres pequenos (carballos representando os tres condados de Prince, Queens e Kings) baixo a protección dunha carballa (que sería a Gran Bretaña). Este simbolismo rememora o lema provincial, Parva sub ingenti ("Os pequenos protexidos polo grande").

Como xa se dixo, cómpre compararse coa de Novo Brunswick e tamén coa de Saskatchewan.

Manitoba (1965) dereita|200px

Esta rexión utiliza unha Red Ensigne co escudo de armas provincial superposto. A bandeira aprobouse lexislativamente o 11 de maio de 1965, contou coa aprobación da raíña Elizabeth II (Sabela II) en outubro dese ano e se proclamou oficial o 12 de maio de 1966. A postura de adoptar esta bandeira fíxose trala decisión federal que cambiou a Red Ensign canadense pola actual bandeira coa folla de pradairo.

O escudo de armas da provincia non é máis cá cruz da bandeira inglesa no xefe e un bisonte na súa cor cubrindo o resto do escudo.

Compárese a bandeira coa de Ontario e o escudo co de Alberta, Ontario e o Yukón.

Novo Brunswick (1965) dereita|200px

O escudo provincial é o motivo da bandeira neobruswickiana, adoptada o 24 de febreiro de 1965. Os dous quintos superiores están ocupados cun león pasante de ouro nun campo de goles (representando as ligazóns co rei de Inglaterra e tamén coa rexión alemá de Brunswick), mentres que a parte inferior ten a tradicional representación heráldica dun galeón español [remarcando a industria de estaleiros, que era unha das máis importantes canda se aprobou a bandeira].

Compárese coa da Illa do príncipe Eduardo e a de Saskatchewan.

Nova Escocia dereita|200px

O pavillón oficial de Nova Escocia tamén é unha imitación do escudo de armas da provincia. Consta dunha aspa ou saltire azur con campo branco, á inversa da bandeira escocesa, cargada co inescutcheon, unha inserción con forma de escudo representando un león rampante de goles en campo dourado, ornado no bordo cunha dobre cinta decorada con oito flores de lis.

Nunavut (1999) dereita|200px

A bandeira dos Nunavut é a máis recente de tódalas das provincias canadenses: proclamouse o 1 de abril de 1999 para todo o territorio Nunavut do Canadá. Representa a un inukshuk (fito de marcación e orientación dos amerindios, feito cunha morea de pedras) no centro abranguendo toda a altura, dividindo un campo de amarelo á esquerda e un branco á dereita, onde no seu contracantón hai unha estrela azul de cinco puntas que reflicte o setestrelo ou estrela polar.

Ontario (1965) dereita|200px

A lei da bandeira (Flag Act) do 21 de maio de 1965 oficializou a bandeira desta provincia. A bandeira é unha Red Ensign da época colonial británica: o cantón cuberto cunha Union Jack sobre campo de goles cargado do escudo provincial.

O escudo de armas da provincia, ó igual có deseño da bandeira, é similar ó de Manitoba: a cruz da bandeira inglesa no xefe e un ramo con tres follas na súa cor natural amarela sobre sinople.

Antes de 1965 xa se utilizaba nos edificios lexislativos e gobernamentais, pero nese ano houbo un arduo e longo debate sobre o cambio da bandeira oficial do Canadá. Debido a que esta decisión foi moi impopular para os habitantes rurais de Ontario, quen eran a base electoral do conservador progresista John Robart, el propuxo que fose unha Red Ensign coma a antiga bandeira canadense. A única diferenza sería que se substituiría o escudo de armas do Canadá polo de Ontario. Mentres que coma bandeira canadense apoiaba a nova, defendeu a restauración da bandeira colonial coma reflexo da herdanza británica de Ontario e dos sacrificios feitos polos soldados de Ontario baixo o estandarte da Red Ensign. Os presidentes do Partido Liberal de Ontario e do Novo Partido Democrático de Ontario decidiron apoiar o deseño. A única oposición partiu de Elmer Sopha (membro liberal do Parlamento Provincial nado en Sudbury), quen afirmaba que non reflectía a variedade de caracteres da poboación de Ontario e que non era máis ca unha vinganza contra a bandeira canadense da folla de pradairo. No entanto, só foi apoiado por outro membro liberal dese Parlamento, Leo Troy, á hora de votar contra a bandeira, aprobándose por maioría o 17 de marzo.

Pode facerse a comparación coa bandeira de Manitoba e cos escudos de armas de Alberta, Manitoba e o Yukón.

Quebec (1948): Fleurdelisé dereita|200px

Unha das bandeiras máis vellas do Canadá en vigor é a da provincia francófona do Quebec. A bandeira do Quebec, chamada Fleurdelisé ("flordelisada") adoptouse polo parlamento provincial de Maurice Duplessis e usouse oficialmente por vez primeira o 2 de febreiro de 1948 na Asemblea lexislativa da cidade do Quebec. Esta bandeira reproduce unha cruz branca e catro flores de lis sobre campo azur

A cruz procede das antigas bandeiras reais de Francia, mentres que os outros dous elementos están tomados do estandarte en honor á Virxe María portada polo exército francocanadense do xeneral Louis-Joseph de Montcalm que gañou a batalla de Carillón (hoxe en día Ticonderoga, no estado de Nova York). Ó contrario do que se pensa normalmente, as flores de lis non veñen da bandeira dos reis de Francia (quen en realidade usaban flores de lis douradas). As flores de lis brancas da bandeira quebequiana son os símbolos da pureza orixinalmente representados coa Virxe María.

A aspiración dunha bandeira distintiva por parte dos francocanadenses vén de vello. Entre as bandeiras utilizadas salientan: a bandeira chamada "patriótica", con franxas horizontais verdes e brancas; a tricolor vermella, que se convertería na bandeira da Saint-Jean-Baptiste Society (Sociedade de san Xoán Bautista); a tricolor francesa;

COMPLETAR

Antiga bandeira do Quebec dende 1868 ata 1902: Blue Ensign O día 26 de maio de 1868, a raíña Vitoria outorgoulle un escudo de armas ó Quebec, e polo tanto dende aquela pódese considerar que a bandeira oficial do Quebec era unha Blue Ensign cunha Union Jack no cantón e co escudo de armas alzado. Porén, semella que nunca se usou: segundo varias fontes, incluíndo a páxina web oficial do goberno do Quebec mencionan que a que realmente abaneaba na Sede do Parlamento era a Union Flag ata o 21 de xaneiro de 1948 e non a Blue Ensign. Por riba, na apertura da escola de minería de Val-d'Or en 1938, a bandeira que representaba ó Goberno provincial era a do escudo de armas. Isto fíxose a petición do deputado Burroughs Pelletier, a quen se lle pedira que o Ministerio se representase mediante algún un símbolo pero que non era claro cal cumpría usarse.

Antiga bandeira do Quebec dende 1902 ata 1948: Carillon dereita|200px

A predecesora directa da actual bandeira foi creada por Elphège Filatrault, un pastor da parroquia de Saint-Jude no Quebec. Chamada Carillon (pola devandita batalla), é idéntica á de agora agás en que as flores de lis estaban orientadas cara ó centro. A orixe está nunha anterior sen cruz e coa figura da Virxe María no centro. A primeira bandeira destas en ser usada utilizouse por primeira vez o 26 de setembro de 1902 e consérvase nos arquivos de Saint-Hyacinthe, no Quebec. Outra versión cargada cun Sagrado Corazón (Carillon-Sacré-Coeur), foi proposta contra 1903, pero esqueceuse canda a segunda guerra mundial. A bandeira Carillon usouse en contextos informais.

En 1947, un membro independente da Asemblea Lexislativa, René Chaloult, solicitou unha nova bandeira provincial para substituír a impopular Red Ensign canadense e eliminar do uso a pouco usada Blue Ensign do Quebec para a provincia. Discutíronse varias ideas entre Chaloult, Lionel Grouls e Duplessis. Unha daquelas ideas contemplaba incorporar unha folla de pradairo vermello (que máis tarde se empregaría para a bandeira do Canadá). A Burroughs Pelletier tamén se lle pediu que presentase varios proxectos a Duplessis, aínda que non se adoptou ningún deles. Porén, tamén se lle pediu consello sobre o que opinaba respecto ó deseño actual.

O día 21 de xaneiro de 1948 adoptouse unha nova bandeira que se izou no Edificio do Parlamento aquela mesma tarde. Aparentemente, foi a Carillón a que ondeou aquel día, pois a Fleurdelisé (coas flores de lis colocadas dereitas e paralelas coma na configuración moderna, consonte as regras da heráldica) non estivo dispoñible ata o día 2 de febreiro.

Saskatchewan (1969) dereita|200px