Xosé María Díaz Sanxurxo, nado en Suegos (Pol) o 25 de outubro de 1818 e finado en Tonkín (Vietnam) o 20 de xullo de 1857, foi un santo, bispo e mártir da Igrexa católica.

Traxectoria Nado na freguesía de Santa Eulalia de Suegos. Ingresou xa moi novo no Seminario de Lugo e máis adiante na orde dominicana (Dominicos). Foi misioneiro en Manila e posteriormente en Vietnam. Foi bispo de Tonkín.

Padeceu martirio o 20 de xullo de 1857, despois de ser detido e encadeado polas autoridades vietnamitas é finalmente executado. O seu verdugo decapitouno en tres golpes, tal coma el mesmo pedira. A raíz da súa morte, Francia realizou as súas primeiras incursións militares en Vietnam.

Foi autor dunha gramática hispano-vietnamita.

Foi beatificado no 1951, por Pío XII e nomeado santo por Xoán Paulo II en 1988.Follana (2018), p. 141 Figura no santoral o 20 de xullo, día do seu martirio.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Santos de Galicia Categoría:Nados en Pol Categoría:Bispos católicos de Galicia Categoría:Bispos católicos de Vietnam Categoría:Nados en 1818 Categoría:Santos do catolicismo Categoría:Dominicanos de España Categoría:Bispos da Igrexa católica latina Categoría:Bispos católicos do século XIX Categoría:Misioneiros Categoría:Finados en 1857 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos