miniatura|250px|Bandeira cultural do pobo zazaki. O nacionalismo zazaki (en ) é o nacionalismo que afirma que os zazakis son unha nación e que promove a súa unidade cultural respecto da cultura de Turquía. O movemento tamén apoia a idea de que os zazakis son un grupo étnico diferente dos kurdos.
Historia Despois da fundación da república de Turquía, o pobo zazaki participou en moitos levantamentos, en 1925, liderados por Sheikh Said e en 1937 no levantamento de Dersim. Porén, estes disturbios tiveron lugar principalmente en forma de liortas tribais e conflitos relixiosos.Seyid Rıza and Şeyh Said Zaza origin O nacionalista turco Hasan Reşit Tankut propuxo en 1961 crear un corredor entre os falantes de zazaki e os falantes de lingua kurda setentrional para acelerar a súa turquificación. Nalgúns casos na diáspora, os zazakis recorreron ao nacionalismo zazaki debido ás diferenzas máis visibles entre eles e os falantes de lingua kurda setentrional.Does Ankara Promote Zaza Nationalism to Divide the Kurds?
Especialmente nos últimos anos, as asociacións culturais e lingüísticas zazaki foron xeneralizáronse, co estabelecemento da Federación de Asociacións de Zazakis e o estabelecemento do Partido do Tempo da Democracia, os cales comezaron a adoptar máis a identidade zazaki.Interview about Zaza and Zaza language
Co "Departamento de Lingua e Literatura Zazaki" impartido na Universidade de Bingöl e na Universidade de Munzur, realízanse estudos sobre a identidade da lingua zazaki. Co Simposio Internacional de Historia e Cultura de Zaza, destacáronse moitos temas no campo da lingua zazaki e foron postos na axenda moitos temas sobre os zazakis.International Zaza Language Symposium, Bingöl University Publications 2011
Notas
Categoría:Política de Turquía