O panasianismo é unha ideoloxía que promove a unidade política e económica e a cooperación dos pobos asiáticos. Propuxéronse varias teorías e movementos do panasiático, concretamente do leste, sur e sueste asiático. A motivación do movemento foi a resistencia ao imperialismo e colonialismo occidentais e a crenza de que os "valores asiáticos" deberían primar sobre os "valores europeos".Marita Gilli, L'idée d'Europe, vecteur des aspirations démocratiques: les idéaux républicains depuis 1848 : actes du colloque international organisé à l'Université de Franche-Comté les 14, 15 et 16 mai 1992 (1994).
Panasianismo xaponés alt=Retrato de Tōkichi Tarui (1850-1922)|miniatura|Retrato de Tōkichi Tarui (1850-1922) Na súa orixe, o panasianismo xaponés postulaba a idea de que os pobos asiáticos partillaban un mesmo patrimonio, polo que debían colaborar para defendérense das potencias coloniais occidentais. Porén, o foco deste movemento estaba nos territorios do leste asiático, con referencias ocasionais ao resto das rexións de Asia.
Os seus principais ideólogos foron Tōkichi Tarui (1850-1922), quen apoiou a sindicación unificada no Xapón e Corea para cooperar na defensa contra os países europeos, e Kentaro Oi (1843-1922), que tentou impulsar reformas sociais en Corea e establecer un goberno constitucional no Xapón. O pensamento panasianista nipón popularizouse grazas á derrota de Rusia na guerra ruso-xaponesa (1904-1905). Entre as figuras interesadas nesta corrente, están os poetas da India Rabindranath Tagore e Sri Aurobindo, así como o político chinés Sun Yat-sen.
O crecente interese oficial no resto de Asia manifestouse no establecemento de centros de estudos hindús, por exemplo. En 1899, a Universidade Imperial de Tokyo creou unha cátedra de sánscrito e kawi, así como unha de relixión comparada en 1903. Neste contexto, houbo unha afluencia de estudante hindús no Xapón a comezos do século XX, que fundaron a Asociación de Mozos Orientais en 1900. Os seus actos políticos en contra dos británicos valéronlles a condena do goberno indio.
Pola súa banda, o erudito e crítico de arte Okakura Kakuzō (1863-1913) tamén gabou a superioridade dos valores asiáticos tras a vitoria xaponesa na devandita guerra contra Rusia. Nas súas palabras:
Non obstante, o panasianismo nipón evolucionou cara unha ideoloxía máis nacionalista que priorizaba os intereses do Imperio do Xapón. Esta tendencia fíxose evidente co crecemento de sociedades secretas como a Sociedade do Océano Escuro ou a Sociedade do Dragón Negro, que cometían crimes para afianzar o expansionismo xaponés. Cabe notar a excepción de Ryōhei Uchida (1874-1937), un dos membros da Sociedade do Dragón Negro, que defendía a unión coreano-xaponesa e apoiou as revolucións en China e Filipinas. Por outra banda, os territorios de Asia contemplábanse como fontes de recursos económicos e postos para a ostentación da gloria imperial. Isto reflectíase nas políticas do goberno como o Hakkō ichiu ou a Esfera de Coprosperidade de Asia Oriental. Incluso Okakura criticou o expansionismo posterior á guerra con Rusia, que consideraba equivalente ao expansionismo occidental. Segundo el, o resto de Asia veríaos como "encarnacións do desastre branco".
O historiador Torsten Weber comparou estas contradicións coa doutrina Monroe, que se opoñía ao imperialismo europeo ao tempo que fomentaba a expansión do imperialismo estadounidense.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Saaler, Sven e J. Victor Koschmann, eds., Pan-Asianism in Modern Japanese History: Colonialism, Regionalism and Borders. Londres Nova York: Routledge, 2007. Saaler, Sven e C.W.A. Szpilman, eds., Pan-Asianism: A Documentary History, Rowman & Littlefield, 2011. two volumes (1850–1920, 1920–present). (vol. 1), (vol. 2) Saaler, Sven e C.W.A. Szpilman, "Japan and Asia," Saaler, Sven e C.W.A. Szpilman, eds., Routledge Handbook of Modern Japanese History. Londres: Routledge, 2018, pp. 25–46 (accessible online https://routledgehandbooks.com/pdf/doi/10.4324/9781315746678.ch3).
Categoría:Pannacionalismo Categoría:Colonialismo