Hammer of the Witches é o décimo primeiro álbum de estudio da banda inglesa de metal extremo Cradle of Filth, publicado o 10 de xullo de 2015 a través do selo Nuclear Blast, sendo o seu primeiro traballo lanzado por esta discográfica. Hammer of the Witches conta coa nova formación do grupo tras a marcha de Paul Allender e James McIlroy, que inclue aos novos guitarristas Marek 'Ashok' Šmerda e Richard Shaw, e á nova teclista e vocalista Lindsay Schoolcraft.
Antecedentes Hammer of the Witches é o primeiro álbum de Cradle of Filth dende o Midian do ano 2000 que non conta coa aparición do guitarrista Paul Allender. A banda comezou a traballar no disco a principios de 2014, enfatizando o líder Dani Filth que a banda planeaba tomarse o seu tempo con el. Nunha entrevista en 2016 Lindsay Schoolcraft afirmou que estaba encantada coa resposta dos seguidores e que a banda realmente rematara de traballar no disco antes do que agardaba.
Listaxe de cancións
Notas
Categoría:Álbums de Cradle of Filth Categoría:Álbums musicais de 2015 Categoría:Álbums de Nuclear Blast Records