344x344px 140x140pxArriba: Retrato dun home cunha medalla de Cosme o Vello. Sandro Botticelli (ca. 1474-1475)"Portrait of a Man with a Medal of Cosimo the Elder". Web Gallery of Art.Abaixo: a medalla representada no cadro, atribuída a Donatello, datada ca. 1464-1466."Medal of Cosimo de' Medici". Web Gallery of Art.

A historia da medalla italiana ten as súas orixes na primeira metade do século XV. A escola medallística italiana foi unha das máis antigas, influentes e importantes de toda Europa.

Antonio di Puccio Pisano (Pisanello) foi o autor da primeira medalla de retrato na súa concepción actual, consagrada á figura do emperador bizantino Xoán VIII Paleólogo, en 1438.

Século XV

As orixes e a figura de Pisanello

esquerda|miniatura|141x141px|Retrato de Pisanello nunha medalla obra de A. Marescotti (ca. 1450)."Antonio Pisano, called Pisanello, the Painter and Medallist". National Gallery of Art. Logo da prohibición do século IX da práctica de reproducir retratos de personaxes en medallóns, que estivera tan en voga nos imperios romano e bizantino, en París comezaron a producirse novamente medallóns en ouro e, posteriormente, tamén en bronce, a principios do século XV na corte do Duque de Berry, un notable coleccionista. Estas novas pezas, dedicadas sinaladamente a heroes do cristianismo, considéranse adoito como as primeiras manifestacións de medallas conmemorativas do final da Idade Media e están vinculadas ao mundo figurativo do gótico tardío."Medal. Museum number M.269". The British Museum.Pollard, G.; Mauro Mori, G. (1981). Páxina 4."Portrait Medals: History and Production Processes". The Metropolitan Museum of Art.

En Italia foi Pisanello (1395-1455) o primeiro en retomar a tradición das medallas de retrato, coa dedicada a Xoán VIII Paleólogo, en 1438. Esta medalla, quizais concibida como unha continuación da serie do Duque de Berry, para homenaxear o novo heroe da cristiandade, unificador das igrexas oriental e occidental, difería, porén, das anteriores, ao se recorrer á figura dun personaxe vivo. Ademais, o busto reprodúcese ata os ombreiros e de perfil, nun padrón fielmente inspirado na tradición da Antiga Roma. A medalla do emperador bizantino tivo unha difusión extraordinaria e motivou que Pisanello comezase a recibir numerosas encargas doutras medallas por parte de nobres de Milán, Mantua, Ferrara, Rimini e Nápoles, e tamén doutros dignatarios aliados das respectivas cortes. Esta serie de novas creacións coñécese como as "medallas de Pisanello"."Portrait Medals: History and Production Processes. Pisanello and the History of the Renaissance Medal". The Metropolitan Museum of Art.Pollard, G.; Mauro Mori, G. (1981). Páxina 5.Forrer, L. (1909). Vol. IV. "Pisanello (Pisano, Antonio)". Páxinas 564-581.

Os sucesores de Pissanelo miniatura|140x140px|Medalla de Xoán VIII Paleólogo, obra de Pisanello (1438)."Medal of Emperor John VIII Palaeologus". Web Gallery of Art.

As medallas do século XV eran esencialmente fundidas en bronce, seguindo un modelo en cera que daba lugar a un primeiro exemplar, mediante a técnica de fundición á cera perdida. A partir deste exemplar, utilizado como matriz, podíanse facer varias copias, que se intercambiaban ou se regalaban, como sinal dun favor especial ou como mostra de afecto nas promesas matrimoniais, de xeito similar ao uso das pinturas de retrato. Por mor do efecto dunha lixeira mingua do bronce, as medallas obtidas mediante cuñaxe cun cuño previamente fundido son lixeiramente máis pequenas que os orixinais, o que ás veces provoca diferenzas de tamaño de varios milímetros en diversas tiraxes dunha mesma medalla. No entanto, o número de copias era adoito moi limitado, dunhas ducias de exemplares como máximo.

As medallas de Pisanello (23 tipos coñecidos), caracterízanse polo coidadoso tratamento da b e da vestimenta do personaxe protagonista, así como pola viva representación dos motivos simbólicos e her dos reversos, e tamén por unha sobriedade allea ao retórico ou artificial. Aprécianse claras referencias ao mundo antigo, como o feito de que os retratos sexan de perfil, á maneira das condecoracións e das moedas da Antiga Roma, unha característica que se mantivo ata os nosos días.

Matteo de' Pasti miniatura|140x140px|Medalla de Isotta degli Atti, obra de Matteo de' Pasti (ca. 1450)."Isotta degli Atti". Web Gallery of Art. O medallista máis sobranceiro da xeración posterior foi Matteo de' Pasti,Forrer, L. (1909). Vol. IV. "Pasti, Matteo de". Páxinas 402-408. que traballou para Sigismondo Pandolfo Malatesta, para quen creou unha serie de medallas relativas a el, á súa muller, Isotta degli Atti, e aos principais personaxes da súa corte. En tanto que os retratos están á altura dos do seu mestre Pisanello, e mesmo os superan canto á modelaxe e ao realismo, os reversos das súas medallas adoitan ser máis sinxelos, con temas únicos e con composicións alegóricas máis convencionais. Por primeira vez aparecen retratados edificios, como o castelo Sismondo de Rimini, e mesmo se relacionan con proxectos futuros, como a idea orixinal de Leon Battista Alberti para o que logo foi o templo Malatestiano (a catedral de Rimini).Pollard, G.; Mauro Mori, G. (1981). P áxina 8.

O uso das medallas estendeuse axiña na segunda metade do século e desenvolveuse con certa independencia en diferentes cidades. As princiapis escolas floreceron en Mantua, Venecia, Milán, Florencia e Roma.Pollard, G. (1983). Páxina 10.

Escolas

Mantua En Mantua, os medallistas ao servizo dos Gonzaga, malia non acadaren inicialmente o nivel de Pisanello nin de Matteo de' Pasti, demostraron unha boa execución das súas obras, especializadas nunha evocación culta da Antigüidade. É posible que Cristoforo di GeremiaForrer, L. (1907). Vol. II. "Geremia, Cristoforo". Páxinas 246-248. recorrese aos consellos de Andrea Mantegna, o pintor da corte, para realizar os reversos dalgunhas das súas medallas. Outros medallistas que traballaron para os Gonzaga foron Sperandio SavelliForrer, L. (1912). Vol. V. "Spersandio of Mantua". Páxinas 583-597. (de Mantua, aínda que activo principalmente en Boloña e Ferrara) e, xa cara á fin do século, Pier Jacopo Alari Bonacolsi (o Antigo)Forrer, L. (1904). Vol. I. "Alari-Bonacolsi, Pietro Giacomo". Páxina 35. e Giovanni Cristoforo Romano,Forrer, L. (1912). Vol. V. "Romano, Giancristoforo". Páxinas 199-206. o escultor favorito de Isabella d'Este.

Outras escolas do norte de Italia miniatura|140x140px|Medalla do dux Leonardo Loredan, obra de V. Gambello (Camelio)."Medaglia in bronzo di Vittore Gambello ". Museo Civico Archeologico. Bologna. Tamén houbo medallistas destacados noutras cortes e cidades. Gianfrancesco Enzola (il Parmense),Forrer, L. (1907). Vol. II. "Enzola, Gianfrancesco". Páxinas 22-23. traballou ao servizo dos Sforza, en tanto que en Venecia operaba Marco Guidizani,Forrer, L. (1907). Vol. II. "Guidizani, Marco". Páxinas 340-341. quen produciu unha medalla de Bartolomeo Colleoni cando este aínda vivía, probablemente en 1454. Seguiu os seus pasos o ourive Giovanni Boldù,Forrer, L. (1904). Vol. I. "Boldù, Giovanni". Páxinas 207-208. autor de retratos executados cunha minuciosa atención ao detalle de personaxes descoñecidos, como Filippo Maserano ou un músico alemán chamado Nicolaus Schiffer. Teñen sona dúas medallas súas con autorretratos, con senllos reversos diferentes: un tipicamente cristián e outro cun refinado memento mori de inspiración humanística.Pollard, G. (1983). Páxina 13.

Cómpre salientar as medallas de Francesco di Giorgio,"Francesco di Giorgio Martini". En Enciclopaedia Britannica. artista polifacético orixinario de Siena, que traballou en diferentes cidades italianas.Pollard, G.; Mauro Mori, G. (1981). Páxina 14.

Vittor Gambello, coñecido como Camelio, e Enzola foron os primeiros que botaron man da cuñaxe no canto da fundición á cera perdida, unha técnica que desapareceu da produción medallística durante o século XVI.Pollard, G.; Mauro Mori, G. (1981). Páxina 13.

Aínda que inicialmente foran creadas como símbolo de status e de poder, as medallas da fin do século tendían xa a incluír personaxes de rango social máis modesto; Antonio da Caravaggio,Forrer, L. (1904). Vol. I. "Antonio da Brescia, Fra.". Páxina 61. por exemplo, só retratou nas súas medallas membros da súa propia familia.

Florencia miniatura|140x140px|Carro triunfal con Grecia, Trebisonda e Asia, obra de Bertoldo di Giovanni (ca. 1480)."Triumphal Car with Greece, Trebizond, and Asia". Web Gallery of Art. Na corte dos Medici en Florencia, as primeiras medallas foron cuñadas por escultores e ourives anónimos. Unha das máis antigas coñecidas é a que reproduce a efixie de Cosme o Vello, o pater patriae, medalla que tamén aparece nun coñecido retrato de Botticelli.Pollard, G.; Mauro Mori, G. (1981). Páxina 12.

Xa na segunda metade do século, Bertoldo di Giovanni,Forrer, L. (1904). Vol. I. "Bertoldo di Giovanni". Páxinas 176-178. alumno directo de Donatello, traballou para os Medici e os seus aliados. As súas medallas gozaron de recoñecemento internacional e entre elas cabe destacar a dedicada á Conspiración dos Pazzi, que contén un relato dos acontecementos, así como as do sa Federico III e as do sultán conquistador de Costantinopla, Mehmed II. Outro medallista activo en Florencia neste século foi Adriano Fiorentino.Forrer, L. (1904). Vol. I. "Adriano Fiorentino". Páxinas 26-27.Pollard, G.; Mauro Mori, G. (1981). Páxina 15.

Niccolò di Forzore SpinelliForrer, L. (1912). Vol. V. "Spinelli, Niccolò di Forzore". Páxinas 612-638. traballou despois na corte de Lourenzo o Magnífico; atribúenselle con certeza cinco medallas e con algunhas dúbidas outras 150, que tamén poderían ser obra de axudantes ou imitadores. Os seus retratos adquiren un grosor e unhas dimensións maiores na superficie das medallas, en tanto que os reversos son máis convencionais, adoito como copia de moedas antigas e de xemas das coleccións dos Medici. Do mesmo xeito que a escultura e a pintura amosaban cada vez máis interese pola precisión na fisionomía das reproducións das efixies (como é o caso das obras de Antonio Rossellino e de Benedetto da Maiano), tamén as medallas de Spinelli amosan ese interese, aínda que no caso da medalla desta escola se compromete tal precisión pola repetición de tipos físicos prestablecidos: por exemplo, na serie de mulleres da nobreza florentina (Giovanna Tornabuoni, Lucrezia Martelli, Costanza Rucellai, Eleonora Altoviti) as efixies aparecen só superficialmente caracterizadas por elementos como o peiteado, a vestimenta ou a explícita inscrición do nome.

Roma miniatura|140x140px|Medalla de Lisisppo il Giovane con autorretrato (ca. 1475-1480). A espléndida época do Renacemento en Roma atraeu cara á cidade artistas procedentes de toda Italia, tamén no ámbito da medallística. Cristoforo di Geremia achegou o seu estilo típico de Mantua, continuado posteriormente polo seu sobriño Lisippo il Giovane.Forrer, L. (1907). Vol. III. "Guazzalotti, Andrea". Páxinas 330-333. Giovanni CandidaForrer, L. (1904). Vol. I. "Candida, Giovanni". Páxinas 334-338. pode ser considerado como un afeccionado, xa que a súa profesión principal era a diplomacia, aínda que tiña un alto nivel, máis como retratista que no deseño duns reversos máis banais.

Andrea GuazzalottiForrer, L. (1907). Vol. II. "Guazzalotti, Andrea". Páxinas 330-333. fora alumno de Bertoldo di Giovanni en Florencia e realizou unha excelente medalla do papa Sisto IV.

Século XVI miniatura|141x141px|Medalla de Michelangelo Buonarrotti, obra de Leone Leoni (1561)."Isotta degli Atti". Web Gallery of Art. No século XVI a cuñaxe de medallas colleu pulo, en tanto que o uso da fundición se ía debilitando, máis vinculada, esta última, á propaganda estatal das casas reinantes e do papado, cunha maior difusión de exemplares, grazas tamén á nova maquinaria.Pollard, G.; Mauro Mori, G. (1981). Páxina 16.