Tiago Alves da Costa, nado en 1980 en Vila Nova de Famalicão, é un ecritor e poeta portugués moi relacionado coa Galiza. Actualmente, é profesor asociado na BAU, Centre Universitari d'Arts i Disseny de Barcelona.

Traxectoria Licenciouse en Publicidade na Universidade de Florida cunha posgraduación en Creatividade e Innovación na Tompkins Cortland Community College (EUA). A súa vida profesional e literaria tense desenvolvido sobre todo en Galiza como dinamizador de proxectos que teñan o obxectivo de pór en contacto as manifestacións artísticas, culturais e humanas entre Portugal e o berce histórico da lusofonía, a Galiza.

En 2017 tornouse o primeiro escritor portugués en formar parte da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, e ese mesmo ano tornouse membro da Associaçom Galega da Língua. As súas obras "Mecanismo de Emerxência" e "Žižek Vai ao Ginásio" foron ambas as dúas editadas na Galiza pola Através Editora e foron Mención de Honra no Prémio Internacional de Poesia Glória de Sant'Anna. A súa obra poética ten sido publicada internacionalmente en diversas revistas así como antoloxias, como a Antología de Poesía Iberoamericana Actual (ExLibric, 2018) e a World Anthology Border: Blurred & Political (Borders in Globalization Review, Canadá 2021).

Desde 2017 ten colaborado co artista e director de cinema Roi Fernández na creación de videopoemas a partir dos seus textos "Assobiar com os Dedos" e "Os Americanos". En 2021 estreouse na escrita para teatro coa peza CUBO producida pola compañía galega Elefante Elegante, obra finalista dos XXVI Premios de Teatro María Casares. A súa obra A Porta do Recoñecemento foi premiada na 27ª edición do prestixiado Certame Manuel Murguía de narracións breves (Arteixo). A súa obra xoga co hibridismo mesturando a poesía e o diálogo co xénero teatral e o microconto.

Foi codirector da revista dixital de artes e letras Palavra Comum de 2018 a 2023, e colaborador de Através Editora e Asymptote. Fai parte do consello editorial da revista mozambicana de artes e letras Kilimar. Actualmente é editor e fundador da revista Quiasmo - Artes, Letras e Ciencia.

É o coordinador da antoloxía de poesía en lingua portuguesa A boca no ouvido de alguén, que reúne 42 poetas nados a partir de 1975 e cuxos países de orixe son Galicia, o Brasil, Portugal, Cabo Verde, San Tomé e Príncipe, Angola, Mozambique e Guinea-Bissau. Unha obra baixo a chancela da Através Editora.

Traduciu ao portugués os poetas americanos Robert Glück, Steven Seidenberge Tara Skurtu. No 2021, traduciu a novela A batalla do paraíso triste do novelista e historiador Xosé Ramón Pena.

En maio de 2026 participou no Rosalía en camiño en Padrón e Santiago.

Obras W. C constrangido (2012). Espinho: Grupo Criador Editora. Mecanismo de Emergência (2017). Santiago: Através Editora. ISBN 978-84-16545-03-2. Žižek Vai ao Ginásio (2019). Santiago: Através Editora. 120 páxs. ISBN 978-8416545353. Žižek Vai ao Ginásio" (2020). Brasil: Edições Macondo. "A Boca no Ouvido de Alguém" (2023) Através Editora "Deus Ainda Usa Windows 10" (2026) Poets & Dragons Society

Obra colectiva

A Secreta melancolía da garza (2020). Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 978-84-9151-346-9. World Anthology Border: Blurred & Political (2021). Canadá: Victoria University. Antología de Poesía Iberoamericana Actual

Premios

Premio na 27ª edición do Certame de Narración Breves Manuel Murguía por A Porta do Recoñecemento. XXVI Premios de Teatro María Casares por CUBO. Prémio Literário Glória de Sant'Anna, 2017. Prémio Literário Glória de Sant'Anna, 2020

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Revista Escamandro Rostros do país: Tiago Alves Costa Revista Ruido Manifesto Revista Acrobata Nós Diário: conversa No programa Nada Será Como Dante da Radio Televisão Portuguesa. Rostros do País (Nós Televisión - Movistar Plus) Zigzag Diario (Entrevista na TVG - Televisión de Galicia) Tiago Alves Costa no Instituto Camões de Vigo Entrevista - RDP Internacional (RTP) Entrevista - Radio Nacional de España Entrevista - Portal Galego da Língua Entrevista - Série dedicada à divulgação da poesia portuguesa contemporânea no Brasil

Categoría:Escritores de Portugal Categoría:Nados en 1980 Categoría:Poetas de Portugal Categoría:Nados no distrito de Braga