El Derecho foi un periódico editado en Pontevedra entre 1870 e 1871.
Historia e características Subtitulado Periódico Republicano Federal, apareceu o 5 de xuño de 1870. Periódico semanal, publicábase os domingos, aínda que en diversas ocasións a publicación saíu á luz dúas veces á semana. Emilio Couto Salcedo foi un dos seus redactores, e como colaboradores figuraron Indalecio Armesto e Constantino Armesto Cobián. O último número coñecido é o 50, do 27 de abril de 1871.
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia de Pontevedra
Categoría:Prensa escrita de Pontevedra Categoría:Xornais de Galicia desaparecidos Categoría:1870 en Galicia Categoría:Prensa republicana