Shaivonte Aician Gilgeous-Alexander, nado o 12 de xullo de 1998 en Toronto, Ontario, é un xogador de baloncesto profesional canadense que xoga nos Oklahoma City Thunder da National Basketball Association (NBA).
Traxectoria profesional O 21 de xuño de 2018, Gilgeous-Alexander foi escollido na 11ª posición do Draft da NBA de 2018 polos Charlotte Hornets, e foi traspasado ós Los Angeles Clippers na mesma noite do Draft, a cambio de Miles Bridges e dúas futuras eleccións de segunda rolda.
O 10 de xullo de 2019, Gilgeous-Alexander foi traspasado xunto a Danilo Gallinari, cinco eleccións da primeira rolda do Draft e o dereito a intercambiar outras dúas eleccións de primeira rolda ós Oklahoma City Thunder, a cambio de Paul George.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en Basketball-Reference
Categoría:Nados en 1998 Categoría:Nados en Toronto Categoría:Escoltas de baloncesto Categoría:Bases de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Xogadores de baloncesto do Canadá Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Charlotte Hornets Categoría:Xogadores dos Los Angeles Clippers Categoría:Xogadores dos Oklahoma City Thunder