Raymond Kopa, nado o 13 de outubro de 1931 en Nœux-les-Mines (Paso de Calais, Francia) e finado o 3 de marzo de 2017 en Angers, foi un futbolista francés de pais polacos, e unha das figuras do fútbol europeo dos anos 50.
Traxectoria Este fillo de emigrantes polacos comezou a súa carreira aos 17 anos no SCO Angers, e dous anos despois foi transferido ó Stade de Reims, co que gañaría o campionato Francés en 1953 e 1955. Tamén foi finalista da primeira Copa de Europa, perdendo co Real Madrid de Alfredo Di Stéfano por 4-3. Ao ano seguinte, foise para o Madrid, ó que tamén iría Ferenc Puskás. Campión de liga en 1957 e 1958, é o primeiro xogador francés en gaña-la Liga de Campións en 1957, título que repetiría en 1958 e 1958, este último contra o Stade de Reims no que xogaba Just Fontaine
Kopa volveu a Francia na tempada 1959-60 para remata-la súa carreira co Reims. Aquí conseguiu o campionato en 1960 e 1962.
A nivel individual, obtivo o Balón de Ouro en 1958.
Coa Francia anotou 18 goles en 45 encontros entre 1952 e 1962. Disputou o Mundial de Fútbol Suecia 1958 onde remataron terceiros tras perde-las semifinais contra o Brasil de Pelé, Garrincha e Didi entre outras figuras.
Foi nomeado por Pelé coma un dos 125 mellores xogadores que aínda está vivos en marzo de 2004.
Categoría:Nados en 1931 Categoría:Nados no departamento do Paso de Calais Categoría:Finados en 2017 Categoría:Futbolistas de Francia Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do Angers SCO Categoría:Xogadores do Stade de Reims Categoría:Xogadores do Real Madrid CF Categoría:Futbolistas gañadores da Liga de Campións da UEFA Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Francia Categoría:Xogadores do Mundial de Fútbol de 1954 Categoría:Xogadores do Mundial de Fútbol de 1958 Categoría:Balón de Ouro Categoría:FIFA 100 Categoría:Cabaleiros da Lexión de Honra