Xosé Díaz Díaz, nado en Lugo en 1980, é un profesor de ensino secundario e escritor galego.

Traxectoria Licenciouse en Matemáticas pola Universidade de Santiago de Compostela. Completou os estudos de doutoramento en Filosofía cunha tese sobre a obra xeométrica de Rafael Dieste.

Traballa como profesor de Matemáticas no ensino secundario no IES Marco do Camballón (Vila de Cruces).

Obra Novela O dómine indómito (2004). USC. 73 páxs. ISBN 84-9750-278-7.

A morriña das balas (2006). Vigo: Xerais, Col. Fóra de Xogo. 112 páxs. ISBN 978-8497825108.

Relatos Fraquezas (2011). Biblos Clube de Lectores. 120 páxs. ISBN 9788415086109. Poesía Futuro / animal olvidado (2020). Urutau. ISBN 9786587076638. En castelán.

Pascua (2021). Medulia. 50 páxinas. ISBN 978-84-123646-9-9. Ilustracións de José Manuel Iglesias García.

Ensaio O misterioso Dr. Saa. A historia do Conde de Waldemar, ilusionista, prestidixitador e telépata (2012). Con Belén Fernández Guzmán. Vigo: Xerais. 160 páxs. ISBN 978-84-9914-348-4.

Dos arquivos xeométricos. Razón e realidade no pensamento de Rafael Dieste (2015). Axóuxere. 176 páxs. ISBN 978-8494137952. Autogoberno e Sistemas de Financiamento. O papel da Nación Galega (2024). Laiovento. 234 páxs. ISBN 9788484876557.

Tradución Un conto enleado, de Lewis Carroll (2017). Toxosoutos.

Apoloxía dun matemático, de G. H. Hardy (2020). Toxosoutos.

Obras colectivas Deixade pois que voe o Paporroibo, que nos conte contos (1999).

Nun edificio e catro contos máis (2002). Os Viadutos. V Certame literario de relatos curtos (2004). Premios Pedrón de Ouro. Certames XXVII, XXVIII e XXIX (2004)

Premios 2001: XXVII Premio Modesto R. Figueiredo, mención de honra por O Galbao. 2002: Premio Modesto R. Figueiredo, accésit por Lupanar. 2002: Premio Ourense de contos para a Mocidade por Nun edificio. 2004: IV Premio historias na universidade, O dómine indómito. 2004: Certame de Relatos Curtos Os Viadutos. 2006: Finalista do I Premio Jules Verne de literatura xuvenil por A morriña das balas. 2013: Accésit no XIX Premio Carvalho Calero, modalidade de ensaio.

Notas

Categoría:Nados en Lugo Categoría:Nados en 1980 Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Profesores de educación secundaria Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela