miniatura|250px|Unha SpaceShipTwo colgando no medio do White Knight 2. SpaceShipTwo é un avión espacial suborbital deseñado pola compañía Scaled Composites derivado do SpaceShipOne.
Características A SpaceShipTwo, derivad da SpaceShipOne e propiedade de Virgin Galactic, lánzase desde a aeronave White Knight 2 e propulsábase mediante un foguete con motor híbrido. Na cabina presurizada hai espazo para dous pilotos e seis pasaxeiros. A nave está deseñada para facer voos turísticos suborbitais ata o límite onde comeza o espazo. Para a reentrada as súas alas inclínanse cara a arriba para estabilizar a nave e reentrar coa parte inferior da nave por diante. Para a aterraxe as ás volven á configuración inicial, como nunha aeronave convencional. Construíronse dúas SpaceShipTwo: a VSS Enterprise (destruída durante un voo) e a VSS Unity. Esta última levou a cabo o primeiro voo comercial de Virgin Galactic o 11 de xullo de 2021.
Historial de lanzamentos
VooDataResultadoNotas129 de abril de 2013ÉxitoVSS Enterprise. Altura de 16,8 km, velocidade de 1,2 Mach.25 de setembro de 2013ÉxitoVSS Enterprise. Altura de 21,0 km, velocidade de 1,43 Mach.310 de xaneiro de 2014ÉxitoVSS Enterprise. Altura de 21,6 km, velocidade de 1,4 Mach.431 de outubro de 2014FalloVSS Enterprise. O mecanismo de inclinación das ás púxose en marcha durante o voo propulsado, destruindo a aeronave e causando a morte dun dos pilotos e graves feridas ao outro.55 de abril de 2018ÉxitoVSS Unity. Altura de 25,7 km, velocidade de 1,87 Mach.629 de maio de 2018ÉxitoVSS Unity. Altura de 34,9 km, velocidade de 1,9 Mach.726 de xullo de 2018ÉxitoVSS Unity. Altura de 52,0 km, velocidade de 2,47 Mach.813 de decembro de 2018ÉxitoVSS Unity. Altura de 82,0 km, velocidade de 3 Mach.922 de febreiro de 2019ÉxitoVSS Unity. Altura de 89,9 km, velocidade de 3 Mach.1012 de decembro de 2020FalloVoo abortado por problemas co motor. A nave regresou planeando.1122 de maio de 2021ÉxitoVSS Unity. Altura de 89,2 km.1211 de xullo de 2021ÉxitoVSS Unity. Primeiro voo comercial.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos SpaceShipOne
Categoría:Astronáutica