miniatura|300px|O noroeste da Terra Media na Terceira Idade. Os pobos e razas ficticios que aparecen no mundo de fantasía de J. R. R. Tolkien, a Terra Media, inclúen os sete recollidos no Apéndice F da obra O Señor dos Aneis: elfos, homes, ananos, hobbits, ents, orcos e troles, así como diversos espíritos como os Valar e os Maiar. Outros seres da Terra Media son de natureza pouco clara como Tom Bombadil e a súa esposa Bagadouro.
Ainur
Os Ainur son espíritos anxelicais creados por Eru Ilúvatar no Comezo. Os Ainur que posteriormente entraron no mundo físico da Terra Media foron os Valar ("poderes"), aínda que ese termo chegou a referirse principalmente aos máis poderosos entre eles.O Silmarillion, "Ainulindalë" Os espíritos menores chamábanse Maiar. A maioría dos Valar e Maiar retiráronse da Terra Media ás Terras Imperecedoiras de Valinor, aínda que algúns dos Maiar asumiron formas mortais para axudar ou dificultar aos pobos da Terra Media, como os Istari (Magos), Melian, Balrogs e o Señor Escuro Sauron.O Silmarillion, "Valaquenta", "Of the Maiar" e "Of the Enemies"
Magos miniatura|dereita|Os magos como Gandalf eran Maiar que tomaron a forma dos homes.
Os magos da Terra Media eran Maiar: espíritos da mesma orde que os Valar, pero menos poderosos. Exteriormente parecían homes pero posuíndo moito maior poder físico e mental, sendo chamados Istari (do quenya para "sabios") polos elfos.Essay on "The Istari" in Unfinished Tales. Foron enviados polos Valar para axudar á xente da Terra Media a derrotar a Sauron. Os tres primeiros destes cinco magos eran coñecidos nas linguas dos homes do Señor dos Aneis como Saruman "home hábil" (rohírrico), Gandalf "elfo do bastón" (homes do norte) e Radagast "o coidador das bestas" (posiblemente fala común). Tolkien nunca proporcionou nomes non élficos para os outros dous; unha tradición dá os seus nomes en Valinor como Alatar e Pallando, e outra como Morinehtar e Rómestámo na Terra Media.The History of Middle-earth, Vol. XII (The Peoples of Middle-earth), p. 384–385. Cada mago tiña túnicas dunha cor característica: branco para Saruman (o xefe e o máis poderoso dos cinco), gris para Gandalf, marrón para Radagast,Suxeriuse que o seu nome está tomado do deus eslavo Radegast. e azul mariño para os dous restantes, coñecidos en consecuencia como os magos azuis. Gandalf e Saruman xogaron importantes papeis nos eventos do Señor dos Aneis, mentres que Radagast aparece só brevemente, axudando inocentemente a Saruman a enganar a Gandalf, quen cre a Radagast, xa que é honesto e alertou fortuitamente a Gwaihir para rescatar de novo a Gandalf. Os magos azuis non aparecen na historia, xa que se di que viaxaron moito cara ao leste despois da súa chegada á Terra Media.
Como os Istari eran Maiar, cada un servía un Vala dalgún xeito. Saruman era servo e axudante de Aulë, e aprendeu moito na arte da artesanía, da mecánica e do traballo do metal, como se viu posteriormente na Terceira Idade. Gandalf era servo de Manwë ou Varda, pero era un amante dos xardíns de Lórien, e así sabía moitas das esperanzas e soños de homes e elfos. Radagast era servo de Yavanna, amante das cousas da natureza, tanto animais como plantas. Como cada un destes Istari aprendeu do seu Vala, da mesma maneira actuaron na Terra Media.
Balrogs miniatura|250px|Representación do balrog de Moria.
Os Balrogs eran Maiar caídos, criaturas demoníacas de lume e sombra leais ao seu primeiro señor escuro, Morgoth. Participaron nas guerras da Primeira Idade da Terra Media pero case todos foron destruídos durante a guerra da Ira que rematou coa Primeira Idade.O Silmarillion, "Valaquenta"O Silmarillion, "Quenta Silmarillion", capítulo 3 "Of the Coming of the Elves and the Captivity of Melkor" Na Terceira Idade, o único Balrog que quedaba era a "Ruína de Durin", o Balrog de Moria, asasinado por Gandalf.A Irmandade do Anel, libro 2, cáp. 5 "A ponte de Khazad-Dûm"
Pobos libres Os Pobos Libres da Terra Media foron as catro razas que nunca caeran baixo o dominio dos señores escuros Morgoth ou Sauron: os elfos, os homes, os ananos e os ents. Falando estritamente, entre os homes, só os homes do oeste formaban parte dos pobos libres, en particular os descendentes dos dúnedain da illa de Númenor, xa que moitos dos homes do leste e do sur foron servos de Morgoth e Sauron ao longo das idades. O ent Bárbore cita os pobos libres nunhas liñas dun texto tradicional, enumerándoos:O Señor dos Aneis, As Dúas Torres, Libro 3, capítulo IV 'Bárbore'
Primeiro nomea os catro pobos libres: os máis antigos de todos, os fillos dos elfos; o anano escarvador nas súas casas escuras; o ent nado da terra, máis vello cós montes; o home mortal, señor dos cabalos.
Despois de atoparse cos hobbits Merri e Pipin, Bárbore acepta que os hobbits son un quinto pobo libre, engadindo unha nova liña: "Os hobbits medianos que viven en buratos".
Ananos miniatura|250px|Ilustración do anano Gimli, fillo de Glóin.
A raza dos ananos vive en montañas e covas, establecéndose en lugares como Erebor (a Montaña Solitaria), os Outeiros de Ferro, as Montañas Azuis e Moria (Khazad-dûm) nas Montañas Bretemosas. Aulë o Ferreiro creou os ananos; tamén creou a súa lingua, coñecida como khuzdul. Os ananos extraían e traballaban metais preciosos en todas as montañas da Terra Media. Os sete grupos diferentes de ananos orixináronse nos lugares onde os Sete Pais dos Ananos espertaron antes da Primeira Idade.
Elfos miniatura|300px|esquerda|Os elfos marchando da Terra Media.
Os elfos foron os primeiros fillos de Eru en espertar. Nados baixo as estrelas antes da ascensión da Lúa e do Sol, conservan un amor especial pola luz e un espírito interior dotado de agasallos únicos. Chámanse así mesmos "Quendi", ou "falantes", porque foron os primeiros en pronunciar palabras; e, aínda agora, ningunha raza entende a linguaxe e a canción como o elfos. Destacados, brillantes e orgullosos, inmortais e fortes, altos e áxiles, son o máis bendicido dos Pobos Libres. Poden ver baixo a luz da Lúa ou das estrelas tan ben como un home á luz do día. Non poden enfermar nin ter cicatrices, pero se un elfo morre, por violencia ou por unha pena que lle quita a vontade de vivir, o seu espírito vai aos salóns de Mandos e, como están ligados a Arda, non pode marchar ata que o mundo sexa roto e refeito. A habilidade e axilidade dos elfos é lendaria: por exemplo, camiñan sobre neve recentemente caída sen deixar rastro do seu paso. Nun día despexado poden ver dez millas con claridade perfecta, e distinguir detalles ata 100 millas. Non obstante, estes dons teñen un gran custo: están fortemente ligados ao destino (véxase Mandos) e foron odiados por Morgoth. Ningunha outra raza foi bendita e maldita máis que os Quendi.
Os Quendi foron separados despois do espertar e apareceron moitos subgrupos. A primeira división ocorreu cando algúns deixaron a Terra Media para vivir no bendito reino de Valinor, mentres que outros quedaron atrás. Isto produciu aos Eldar, que aceptaron a chamada para vir a Valinor, e aos Avari que rexeitaron a gran viaxe. Os elfos que quedaron na Terra Media e nunca viron a luz das árbores coñecéronse como Moriquendi ou "Elfos escuros". Isto non implicaba que os elfos escuros fosen malvados, simplemente nunca viron a luz das árbores.
Na viaxe a Valinor, algúns dos Teleri ("Os que se demoraron") abandonaron o grupo principal e os que non se mesturaron cos Moriquendi convertéronse en Laiquendi (elfos verdes), en Sindar (elfos grises) e Nandor. Estes elfos da gran viaxe que quedaron na Terra Media foron chamados entón Úmanyar (Os reticentes). Os Eldar que chegaron a Valinor dividíronse finalmente en tres grupos distintos: Vanyar, Noldor e Teleri. Estes tres grupos coñecéronse como os Calaquendi ou "elfos da luz" porque viran a luz das Dúas Árbores de Valinor. Máis tarde algúns dos Noldor volveron á Terra Media na súa procura dos Silmaril, mentres os Vanyar permaneceron en Valinor.
Os elfos silvanos, de Nandor e Avari, habitaron no Bosque Escuro e Lothlórien.
Homes miniatura|250px|Cabaleiro de Rohan.
Durante os eventos relatados na obra O Señor dos Aneis, os homes da Terra Media estaban presentes en diferentes lugares, estando o maior grupo de homes libres nos reinos de Gondor e Rohan. Cando afundiu a illa de Númenor, só os fieis escaparon e fundaron os reinos xemelgos de Gondor e Arnor. Os fieis eran coñecidos na Terra Media como os dúnedain, e como líderes destes reinos, puideron liderar a resistencia a Sauron e preservar aos homes do oeste como Pobo Libre. Tamén había homes libres na vila de Prebe, en Esgaroth, no bosque de Drúadan (fogar dos "homes salvaxes" coñecidos como Drúedain ou Woses), e nas rexións xeadas de Forochel. Os que serviron aos poderes malignos, como os homes de Dunland, Rhûn, Harad e Umbar, non se consideraban homes libres. Os homes levan o chamado don dos homes, a mortalidade. Entre os descendentes dos Dúnedain tamén se inclúen aos Montesíos do Norte e aos Montesíos de Ithilien.
Drúedain
Os drúedain, unha das primeiras variedades de homes, vivía en pequeno número, a miúdo en tribos. Eran pequenos, máis baixos que os ananos, pero máis altos que os hobbits. Eran coñecidos pola súa maxia vodú, os seus ollos negros (que brillan vermellos cando están enfadados) e a súa capacidade para sentar durante horas e días sen moverse nin pestanexar. Tiñan pouco pelo, agás o da cabeza e ás veces pequenos guechos nos queixos. Eran baixos e robustos, e non eran apreciados polos outros homes polas súas voces duras e ásperas. A súa risa, con todo, estaba chea de alegría. Dise que a súa habilidade na cantería rivalizaba cos ananos. Os Drughu non eran malos. Eran inimigos mortais de orcos, defendendo as casas dos seus veciños humanos coas súas propias vidas e coa axuda das súas máxicas Pedras de vixía. Os elfos de Beleriand desenvolveron un agarimo especial por eles e valoraban a súa habilidade para loitar contra orcos.O Regreso do Rei, Libro 5, cáp. 5, "A cabalgada dos Rohirrim".
Ents miniatura|dereita|200px|Bárbore cos hobbits.
Os ents eran unha antiga raza de criaturas parecidas ás árbores, converténdose en "pastores de árbores". Foron creados por Yavanna, e Ilúvatar deulles vida. Na Terceira Idade, eran unha raza minguante, xa había tempo que perderan ás súas compañeiras, as Entmulleres.As Dúas Torres, Libro 3, cáp. 4: "Bárbore".O Regreso do Rei, Libro 6, cáp. 6 "Moitas despedidas"
Huorns Parentes próximos dos Ents, os Huorns eran árbores animadas que posuían sensibilidade. Dicían que tiñan voces pero só podían ser entendidas polos ents, e non polos outros pobos da Terra Media. Non está claro se os huorns eran simplemente árbores que espertaron ou ents que se fixeron máis "arbóreos" co paso do tempo (críase que existían ambas variedades). Os huorns están presentes en bosque de Fangorn e posiblemente no Bosque Vello, preto de Gamoedo. Legolas menciona que os elfos axudaron a espertar as árbores. Os huorns foron decisivos na batalla do Abismo de Helmo, destruíndo o exército de orcos de Saruman.As Dúas Torres, Libro 3, cáp. 7 "O Abismo de Helmo"
Hobbits miniatura|esquerda|220px|O hobbit Bilbo Bulseiro (esquerda) e o istari Gandalf.
Os hobbits son unha raza da Terra Media, tamén coñecidos como 'medianos' pola súa baixa estatura, aproximadamente a metade do tamaño dos homes. Caracterízanse polo pelo rizado na cabeza e os pés coriáceos que teñen empeños peludos, polo cal non levan zapatos. Moitos hobbits viven Comarca así como en Prebe, e outrora viviron nos vales do río Anduin. Gústalles unha vida sen aventuras, dedicados á agricultura, a comer e socializar. Existen tres tipos de hobbits: os Pepeludos eran os máis numerosos. Os Rexos tiñan afinidade pola auga, os botes e nadar; os Nidios eran os máis aventureiros. A orixe dos hobbits non está clara, pero de todas as razas teñen unha afinidade máis próxima cos homes, e no Prólogo da obra O Señor dos Aneis Tolkien chámalles parentes de homes.A Irmandade do Anel, Prólogo.
Pobos escravizados